Opinión

A PRESIDENCIA DA RAG

Tras da última, que non derradeira, liorta na RAG, foi sustituído o presidente saínte por outro en funciós hastra a convocatoria de eleuciós, mais con idea de continuar, como amosa o feito de ser candidato nas mesmas. O outro candidato que se apresentou a elas e que, por certo, as ganou, foi o ínclito profesor Alonso Montero.


Si un declarou que a súa liña sería continuista da de Méndez Ferrín, a do outro, sei que moi amigo do mesmo, non sería distinta. Por certo, ó parecer os dous candidatos son filólogos, aínda que parece que os resultados acadados niste eido pola venerable institución faga suponer a máis absoluta carencia diles. Sendo así as cousas, se non entende moi bén que un candidato lle veña disputar o cárrego a outro co mesmo programa. Esto, indudablemente, supón que as votaciós serán decididas pola amizade ou enemizade, afinidade ou simpatía dos votantes con cadaquén.


Coido que o señor Alonso Montero, con certa afeizón a sere o 'pirixel de todalas salsas', foi a precura do florón que lle fallaba no seu amplo curriculum. Menos mal que aportou una razón de moito peso: que, pra RAG, era un chollo telo de presidente por que ía viaxar en transporte público, co importante aforro que isto conleva e pra millora no funcionamento da Academia. Esperemos que se non cumpla aquello de que 'o barato sae caro'.


Nada me gorentaría mais que trabucarme na miña opinión e que os feitos a desmintiran; mais coido que isto é cambear algo pra que todo siga igual.

Te puede interesar