Opinión

¿Quen mata o galego? (II)

Volvendo ó cometido establecido, na fundaciòn da R.A.G., atopámonos con que, en mais de 100 anos, non foi quen de artellar unha gramática. As sucesivas normativizaciós non foron mais ca retallos, coma remendos, zurcidos con fío podre.


Pra comenzar, e foi o erro mais grande, se non fixo o previo e imprescindible de bate. A pesares das ordes e recomendaciós, nunhos casos implícitas e, noutros, esplícitas, de facer o galego millor canto menos parecido ó castelán, escolleuse, paradóxicamente, en flagrante contradición, a ortografía castelá coma modelo pro galego.


Vexamos: O idioma galego carece da ‘J’ no seu vocabulario. O castelán tena. Polo tanto, cando iste precisa que unha sílaba con ‘GE/GI’ non teña o son de ‘J’, emprega o recurso de intercalar unha ‘U’ (guerra/guita). O galego, ó non ter ‘J’ e, polo tanto, ter sem pre a ‘G’ con son débil, non precisa diste recurso. Iste mesmo caso dase no euskera; por iso os vascos non escriben, p.ex., Aguirre, sinon Agirre. Esta mesma circunstancia e a que fai que o uso da diéresis, por riba da ‘U’, sexa innecesario no galego (lingüísmo).


Ó non ter o son ríspido da ‘J’, suponse que o grupo ‘GN’, que si o ten, non é propio nin, polo tanto, se deba usar no galego, cousa que fan a inmensa maoría dos nosos inteleutuales. P.ex., ‘Ignaros/magnánimos’. No mesmo Hino Galego dise iñorantes. Mesmo, no francès, iste grupo pronúnciase ‘Ñ’. (Avignon-Aviñòn).


A ‘J’ é sustituída, no galego, pola ‘X’, que tén un son coma o da ‘SH’, no inglés. (show), ou a ‘CH’ francesa (cherie). A ‘X’, en castelán, ten o son ‘KS’ (ekstraño). Unhas veces o descoñecemento prático da lingua galega e, noutras a necesidade de apropiaciòn de algús termos, fixo que os usuarios desta triquiñola fabricaran a coartada de que pertencía ó galego culto. Como non hai posibilidade material de establecer unha norma reguladora, despáchanse cunha licenza vergoñenta de uso e que é, mais ou menos, así: Hai verbas, coa grafía ‘X’ que, ó pronunciarse co son ‘KS’, en castelán, pódense usar con iste son, no galego. Como se pode deducir, doadamente, o coñecemento destas verbas leva implícito un bon coñecemento do castelán.


O 99% dos galegos, sendo moi xenerosos, incumple os dous supostos anteriores. O acento ortográfico, que non soio marca a prosodia sinon que é imprescindible no galego, por mor do abondoso emprego de vocales abertas e, despois de mais de 100 anos sige sin reglamentación ia espensas do exemplo castelán.


‘AE’, coma conxunción copulativa. No castelán, a copulativa de uso xeral é Ie, pra evitar a cacofonía, úsase a ‘E’, como recurso. En galego, é ó contrario. Temos ‘E’, como uso xeral, e ‘I’, como recurso. Tan asimilado tén, o idioma galego, a defensa da súa musicalidade que evita cacofonías engadindo, p.ex., unha ‘I’, en bisílabos, como ‘A’ ‘iauga/A ial ma/A iaira’. Contra diste mandado pecan cáseque todolos nosos inteleutuales, especialmente ises que empregan somentes o I!, pra todo, ises que o profesor Alonso Montero denomina ífilo se que non son conscentes do efeu to que causan. A ‘C’ velar, esa que tén son ‘K’ (lekción/rekta/direktor), que leva séculos refugada do galego oral. É un verdadeiro atentado á musicalidade da lingua galega. Foi refugada pola lei do mínimo esforzo i o uso masivo que se fai dela é debido á costume de falar o castelán, con preferencia. Valia coma mostra un gazapo, recolleito dun artigo escrito por un académico da R.A.G. estrutura intelectual. Tamén hai profesores e mesmo escritores que p.ex., escriben tractor e pronuncian traztor. Os pronomes enclíticos. Iste tipo de construción gramatical, que é o que nos fai mais parentes dos asturianos, pola súa singularidade, fai que se coñeza, no intre, a quen é falante galego, de verdade, ia quen o non é. O de usar a negación, despois do pronome, mesmo como remata a liña anterior, e cada vez menos usado. Sigue a usarse na Terra de Montes. En Ourense, soio me lembro de oírllo a don Vicente Risco. Por rematar co mais groso do tema, hai que dicir que, si bén a reforma escomenzou cunha vontade de facer un galego oficial, o mais alleo posible do que o castelán, pese a ter moito en común, coma polas que son do mesmo tronco, a deriva foi a da inmersiòn no portugés, co argumento de que é a mesma lingua que, por certo, non é.



Te puede interesar