Opinión

¿Quén mata o galego? (III)

Vexamos algunhas ‘pelras’ de uso cotián, unhas por mor de normas contraditorias ou irracionales; outras por omisión e, outras, pola mala interpretación das mesmas.


Os plurales das verbas terminadas en ‘N’. No galego mais enxebre formábanse eliminando a ‘N’ iengadíndolle ‘S’ (xardín-xardís) e que, por segilo modelo costeiro e buscando a semellanza co portugués, perderon a súa musicalidade pola carga de nasalidade que supón a non eliminación da ‘N’ (xardís). Agora, pola contra, como si a xente tivese medo de que a acusen de ter sentido común, trata de eliminar a ‘N’ ou, polo menos, de reducila á mínima espresión, escribe p.ex. ‘condear’, que moi doadamente podería siñificar ‘ser nomeado/exercer de conde’; ‘doar’, que siñifica ‘facilitar/facer fácil’ unha cousa, no senso de ‘donar/dar’; ‘frear’, coido si non sería mais apropiado o seu uso no sentido de aplicar gas Freón nun frigorífico, e non no de ‘frenar’, ‘leoa’ (leona), etcétera.


Os plurales dos finales en ‘L’. Niste caso que, igoal có anterior, foi metido, tamén, con calzador pra asemellalo ó portugués, fixeron ‘un pan coma unhas hostias. Istes plurales que, aparte da súa musicalidade, non tiñan unha soia esceución, ó suprimir a ‘L’ iengadirlle ‘IS’, supuxo unha carga adicional de guturalismo e que, ademáis, todolos monosílabos pasaran a ser esceuciós. O curioso é que a única esceución ditaminada, e non sei por que razón, é ‘mísil/mísiles’ ien troques, o non é ‘símil/simis’.


Outra costume moi espallada é a de trocar a ‘L’ en ‘R’ (plaga/praga) (plegar/pregar) (placer/pracer). Iste uso é o que está tras do troco dos topónimos que, na Idade Media, eran ‘pobla’ e derivados ‘pova’, ‘poboa’ e ‘puebla’.


Si. Vén do si latino. É común co castelán. No galego tolerábase ‘se’, coma condicional. Do mesmo xeito, ‘sin’ vén do latino ‘sine’. Agora, no afán de diferenciar o galego do castelán, pasouse ó uso incorreuto de ‘se’ e, por estensión o de ‘sen’ e mesmo ‘nen’.


Na radio, sobor de todo, óese, todolos días, o parte metereolóxico, coa temperatura medida en ‘graos’, unha mais que palmaria incorreución, ‘grao/gran/granación’ son de raigame común e denominadora do froito cereal ou asimilaciós metafóricas; ‘grado/gradación’ son de distinta raigame e indican escalas iestadísticas.


Xulio. No Calendario Xuliano adicouse o nome do mes, entre Xunio e Agosto, á honra de Xulio César. Parece ser que os investigadores de campo, pra elaboura do Mapa Linguístico, atopáronse cun lugar, seica non moi bén comunicado, onde, ó citado mes lle chamaban ‘xullo’. Dahí a coidar que era o achádego do século foi todo un. Adoutaron ou, por millor dicir, ‘adaptaron’ o citado vocabulo. Algo así coma o ‘kapan kala’ do P. Coloma.


Derradeiro. Hai moita xente que cae no erro de usar iste termo en plural. Derradei ro é o último e final dunha serie, polo que soio pode haber un. Por exemplo, o derradeiro día da vida é o día en que se morre. Os últimos son un conxunto de varios, mais derradeiro é o último de todos.


So. É tan incorreuto coma espallado o uso de ‘so’ coma o de ‘criada pra todo’. O seu siñificado é o de ‘solo/sin compañía’ ou o de ‘único na súa especie’. É sustituto, eli minando, sin pudor, unha serie de vocábulos, con prosodia ietimoloxía inclusas, como ‘soio’ (solo/solamente); ‘somentes’ (id); ‘soilo’ (sin compaña); ‘soilán’ (solitario); ‘senlleiro’ (soilitario/aillado).


O uso da mais difícil e antieufónica pronunciación dos numerales ‘dezaseis, dezasete, dezaoito e dezanove’, que mais parecen un resultado deportivo, en troques dos mais que tradicionales ‘dazaseis, dazasete, dazaoito e dazanove’.


A ‘orixinal’ teima de rematar en ‘oiro’ todalas verbas terminadas en ‘eiro’ e que indican certas atividades ou o marco en que se producen (caladeiro/caladoiro). Mais, ¿qué facemos con por exemplo, Silveiro, fiadeiro, estrumeiro, poleiro, invernadeiro, etcétera? Por ser moitedume as verbas que andan trocadas na súa prosodia e mesmo na sintasis, na teima de mimetizalas co portugués, non hai espacio pra nomealas todas, mais si algunhas de uso mais cotiá, como ‘graza’ (do latín gratia); ‘parella’ (portugués ‘parelha’). ‘Baralla’ (portugués ‘baralho’). ‘Gañar’ (portugués ‘ganhar’). ‘Danar’ (portugués ‘danar’. ‘Ocorrer’ (portugués ‘ocorrer’). ‘Courel’ (Caurel). A penas (apenas). A parte (aparte). Etcétera.


En resumo, a R.A.G. que, coma todalas academias, tén deber e obriga de recoller a lingua da rúa, limpala, protexela e promocionala, fixo todo ó revés. Fixo de cómplice necesario e respaldou, por auciónn e omisión, o invento dunha lengua híbrida ia obriga do seu uso e por iso non valen os dicionarios de sempre. Tomou ou deixou de tomar as me didas que lle pareceu, ás cóstas dos galegos e, agora, o presidente acusa á Xunta de facelo mesmo que iles fixeron ¡e non se pón bermello, oiga.


Á vista do esposto ¿quen mata o galego? Vostedes mesmos.



Te puede interesar