Opinión

AS REGLAS NO FÚTBOL

Ofútbol é un fenómeno de masas que medra de xeito imparable e que é inimaxinable a onde vai chegar. Máisime, coa incorporación crecente de xente de todolos continentes que veñen de descubrir iste deporte-espeutáculo. Iste ten unas reglas, téunicas e disciplinarias, necesarias pro seu desenrolo armónico e pro seu coñecemento 'standarizado' en todolos lugares. Mais estas reglas son susceptibles de cambeos ou reformas cando, dalgún xeito, as necesidades de adecuación ós tempos o demanden. Aínda que non dubido que as normas vixentes están máis ca estudadas, eu proporía, desde a miña homildosa condición de afeizoado, unas cativas consideraciós, por si poideran ser de utilidade.


No ámeto reglamentario poderíase escomenzar por usar a teunoloxía, sempre que esta nos poida dar os datos precisos ó momento e sin posibilidade de erro, pra decidir nos 'goles fantasma'.


Salvo nos saques de corner, non pitaría 'fóra de banda' polos balós aéreos que, rebasando os límites do campo, teñan o punto de salida ientrada dentro diste, sempre que non toquen ou sexan tocados en algo ou por algén.


No eido disciplinario hai moita 'tela que cortar'. O afán exmplarizante das normas non debería, de ningún xeito, desvirtuar a competición. Por iso, o corpo médico e os entrenadores non deberían poder ser espulsados no trascurso do encontro ou, como moito, equiparalo ó dos xogadores que veremos a continuación. As sanciós poderían ser económicas, pra iles ou pros seus clubes.


No que atinxe ós xogadores, coido que o máis sensato serían as espulsiós temporales, coma no balón-mau, dentro do mesmo encontro, con tarxeta amárela no caso de espulsión por un número determinado de minutos, a establecer, e vermella cando sexa pola totalidade do que reste de partido. Os partidos de sanción non soio desvirtúan a competición, por razós obvias, sinon que a quen máis perxudican é ós equipos de menor poder económico. Coa aplicación desta norma remataríase en gran medida coas supostas, ou non, 'debilidades' que lle apoñen a certos árbitros por certos equipos.


Non sería mala idea, na formación das barreiras, aplicar o sistema brasileiro do sprai marcador. Tampouco estaría demais poñer en valor a norma esistente do castigo pro xogador que reclame un cartón pra un contrario.


Coido que deberían suprimirse as tarxetas cando se pita un penalti, porque xa é castigo dabondo e libraríase ó árbitro dunha responsabilidade ingrata e molesta.


Nos casos flagrantes de lesión grave, máis ou menos intenzoada, o xusto sería que o provocador da mesma estivese sin poder xogar o mesmo tempo que tardase en ser dado de alta o sufridor da mesma. Mais como esto prestaríase a moitedume de atrancos, interpretaciós, recursos, etc., poderíase establecer un tope de tempo dentro do cal se poidese aplicar a norma e, ó pasar diste tope, considerar estingido, automaticamente, o período de sanción.


Por último, hai algo que xa debería estar reformado. Eu non sei si cinco, dez ou quince minutos antes de finalizar o período reglamentario de duración do encontro, se non debería de permitir o troco de ningún xogador. Xa se sabe que todolos entrenadores botan mau diste recurso pra perder tempo, mais vai á contra do espetáculo. Non é ético nin estético.

Te puede interesar