Opinión

Remoendo

Ós que, dende o berce, nos falaron sempre galego, o mesmo que nós llo falamos ós que viñeron atrás, fáisenos coma un chirrio nos oídos cando escoitamos os diferentes xeitos ‘modernos’ de falar o galego, sobor de todo o ‘normativo’.


Foron as présas dos políticos, de dentro e fóra do ámeto linguístico e tamén, posiblemente, a fallla de intención -por mor da iñorancia no tema, dos mesmos- as que impediron un imprescindible debate previo encol da lingua, que unificase criterios e que, precisamente, evitase o babélico desbaraxuste a que nos levaron as varias normativas, algunhas contradictorias entre si, as correntes lusistas de variado pelaxe, a adoución de vocabulario único da variante correspondente ó lugar de nacencia do ordenante en cada momento, etcétera, que foron os pós que aqueloutraron istas lamas.


Por si algén se non decata da importancia dun debate previo á normativa, vexamos un exemplo moi sinxelo: ¿Cómo debe escribirse. reBentar ou reVentar? Nos dicionarios de Cuveiro Piñol, Franco Grande e Carré Alvarellos non se recolle o termo. En troques, os tres recollen o de ‘rebento’ (gromo, brote).


Nos de Ed. Ir Indo, Fernánez del Riego e Xerais recóllese ‘reBentar’.


No de Eladio González o recolleito é ‘reVentar’.


O curioso é que, na nota etimolóxica espli cativa de Xerais, di que vén do latín vulgar ‘repentare repente (de súpeto?)’. Iste interrogante amosa a inseguridade do normativizador.


Na voz común do castelán, co mesmo siñificado, ‘reVentar’, dice Espasa Calpe: Reventar (en portugués rebentar) vén do pretérito RE e do latín Ventus, viento. Esta dúbida ¿se non crarexaría bén nun debate a tempo? Hai moitedume de termos que os fundamentalistas do idioma escriben con B ou V giados, aparentemente, pola norma de que sexan ó revés ca no castelán.


Cando os meus fillos escomenzaron a estudar galego, por obriga oficial, tiven que entrevistarme co seu profesor de galego que, por certo, era o direutor do colexio, pra dicirlle que o meu galego io dil non estaban dacordo, posto que, polo vocabulario que il lles ensinaba ‘cobiza’ siñificaba ‘envidia’ e, no que eu mamei, ‘envidia’ tiña un nidio siñificado, en galego, no termo ‘envexa’. Respostoume que iles ensinaban o idioma normativo que lles mandaban. Nin siquera recoñeceu o erro.


Nun libro de leutura da miña néta, feito por dúas persoas, poñían na boca dun persoaxe a exclamación ‘¡Ai túa!’, en troques de ‘¡Ai de ti!’.


Un direutor de Política Linguística e periodista de sona trocou, nun artigo nun xornal, ‘van vindo’ polo mais ‘barroco’ ‘van viñendo’.


Unha profesora de galego, a falla de outros argumentos, deixou escrito que as miñas cartas eran boas pra ensinarlle ós rapaces como se non debía escribir en galego, porque estaban ‘cheas de vulgarismos, localismos e hiperenxebrismos’. Ou sexa que, si temos en conta que ‘enxebre’ pódese traducir por ‘xenuino’, resultaría que, o ser ‘xenuino’ en grado superlativo, sería unha chata.


Un presidente da Real Academia Galega usa o verbo ‘encetar’, que asegún o Xerais é ‘coller ou tomar o primeiro anaco dunha cousa que estaba enteira (encetalo pan)’, en formas como ‘encetar unha viaxe’, ‘encetar unha amizade’, ‘encetar unha novaera’, etcétera.


O problema é que, aparte do incorreuto uso cometido, impropio do persoaxe, pódese atopar o leutor en algún que outro dilema porque, por poñer un exemplo, si nos escribe ‘encetamos un edificio’ ¿qué deberemos entender, que estamos comenzando a construílo ou a esnaquizalo? Hai céntos de exemplos revesinos, entre os que están o mal uso da copulativa El/I, os plurales en IS, o mal emprego dos pronotes enclíticos (do tenor ‘se fixo’, ‘mo dixeron’, ‘o veremos’, etcétera), a lingoaxe da radio, a TV, os dobraxes de películas, etcétera.


Por todo iso, e por si ascaso, eu segirei a escribir no meu galego de sempre, por mais que iso me impida poderme presentar a ise casting da TV, por mor de que é imprescindible o dominio do ‘galego’. Non podo resistila tentación de parafrasear a Nerón e decir: Que grande artista pode perder o mundo.



Te puede interesar