Opinión

OS TRASGOS DA LINOTIPIA

Aistes simpáticos e imaxinarios seres atribúenselle todolos erros que, mais a cotío do desexable, cométense nos xornales e que, en moitos intres e polas situaciós mais ou menos divertidas que provoca, mesmo parece apropiado apoñerllo a quen representa o erro involuntario e plasmado de forma 'beatífica'.


Epígrafes como 'Unha moza xaponesa recibe un tiro na cabeza de seu novio'; ou a célebre anéudota de 'Cuando vengas de África tráeme 1 o 2 monos' e que, chegado o intre de recollelos, atopouse con 102 rebuldeiros bichitos, eran tan acostumados que nos xornales instituiuse o cárrego do 'correutor de probas', que, coma seu nome indica, revisaba o contido do xornal antes de dalo ó prelo, construíndo ou cambeando os epígrafes mal axeitados e poñendo, sacando ou trocando puntos, comas, tildes, etc., que, de ir dun xeito ou outro, poden cambear o senso do escrito, mesmo hastra darlle o senso contrario. Isto pódese prestar a manipulaciós das que hai infindos exemplos ó longo dos tempos, coma por exemploa do famoso Oráculo, a onde acudían os lexionarios antes de entrar en campaña pra coñecer a súa sorte. Os augurios do Oráculo eran 'Ibis redibis non peribis bello' (irás voltarás non morrerás na gerra).Cando algún deudo ou amigo dun lexionario morto en campaña pidía esplicaciós sobor do erro, a contestación do Oráculo era a de que non fora bén interpretada, porque o que viña a decir era 'Ibis. Redibis? Non. Peribis bello' (Irás. Voltarás? Non. Morrerás na guerra).


Evitar isto é o que tiñan por cometido os correutores. Hoxendía, cando eran mais necesarios, por mor dos erros involuntarios dos redautores e polo críptico da linguaxe da comunicación, decidiuse eliminar o cárrego de correutor, mais non o do 'trasno', do que se amplaron plazas pra tamén ós da cibernética. Un distes debeu ser o que, no meu artigo anterior, rematou poñendo? xeitos de 'democracia', onde eu puxen ? xeitos de 'memocracia'.

Te puede interesar