Opinión

Vivir en galego

Anda xente nacionalista -o que importa é o ouxetivo, non a coor política- precurando adhesiós ó manifesto por ‘o dereito a vivirmos en galego’. Argumentan que ‘vivir en galego é un dereito inalienable das persoas na Galiza e un dos dereitos inalienables que temos como pobo’.


Os nacionalistas alertan de que ‘apuntándose agora á defensa dun suposto bilingüísmo, pretenden únicamente o mantemento da diglosia e a desaparición do galego’. Tamén din que ‘o galego depende de nós’.


Recoñezo que, pra mín, o conceuto de ‘vivir en galego’ é tan abstruso que me deixa totalmente abraiado e mergullado nun mar de dúbidas. Porque ¿qué vén a siñificar? ¿A soidade do aillamento do pouván no seu recanto, sin querer saber de novas nin adiantos de procedencia esterior? ¿Ou é un complexo de inferioridade motivador, como defensa, dunha hipervaloración do propio diante do alleo, ou sexa, unha involución encol do ser endóxeno? ¿Ou é, pola contra, un papanatismo chauvinista de esaltación do noso? ¿Ou é que nos consideramos tan cativos e tan vulnerables que nos queremos trocar nunha especie de ourizos cacheiros pra que non nos firan? ¿Ou é que nos consideramos tan distintos e superiores ós outros que nos queremos aillar e que sexan iles os que peten á nosa porta? ¿Ou trátase de voltar a pasados tempos de autarquía, iñorancia e badoquismo, terreo moi bén estercado pro frolecemento da emigración e dos caciques e demais ‘tropa’ controladora e manipuladora da xente, por mais que lle queiran cambear os nomes ou, mesmamente, o ‘modus operandi’.


Hai moitas perguntas a facer que a falla de espacio non permite. Eu matino, teimudamente, que iste conceuto tén moito que ver coas ideas u disposiciós sobor da galegización dos nomes e apelidos, das lápidas funerarias, das bonecas falantes, das cantigas das orquestras, da rotulación nos negocios, dos esames, oposiciós, tesis, etc. Pergúntome si a xente que pare esas ideas estará bén do ‘cabazo’. Si, supoñendo que algén os non pare, chegarán a facernos andar, a todos, ‘en galego’, con chancas, cirolas, denges e muradás. Si andaremos de noite con fachós e corozas e iremos ó fiadeiro e non á discoteca. Si trocaremos os coches e a maquinaria agrícola por carros, bois ou caballerías. En fin, si segirán insultando á intelixencia dos galegos e, o que é pior, si os galegos, coma dicía Castelao, segiremos dicindo que chove, mentres mexan por nós os caciques de novo cuño.


Polo que atinxe á custión linguística, tamén teño unha dúbida, e non cativa. Dada xa por sentada a incapacidade da mayoría do pobo galego pra defender a súa lingua, o aldraxe que pra esta siñifica a súa sustitución polo ‘galego normativo’ ¿ven originada pola iñorancia dos normativizadores ou,. pola contra, é debida a intereses mais ou menos espurios, que supondría unha flagrante prevaricación? Abonarse a esta conclusión é a dedución mais lóxica. Si temos en conta que a fala non imprime caráuter, se non é mais galego polo uso esclusivo diste idioma, porque, si fose así, os falantes en galego normativo serían menos galegos do que os falantes do galego enxebre dos devanceiros.


No que si hai que estar dacordo coiles é en que ‘o galego depende de nós’. Por que si dependera diles xa se sabe o resultado. Pretenden, para rematar ca diglosia, eliminar o castelán. Ou sexa, facernos a todos manichos, curtándonos o brazo dereito.



Te puede interesar