Opinión

Votaciós e bilingüísmo

Alea iacta est. Xa todo rematou. Perderon as eleuciós os do bipartito e ganáronas as hostes do PP con Núñez Feijóo á fronte. É o tema de todalas conversas e cada quen aporta os seus argumentos valorativos sobor das causas que propiciaron o resultado final. Na miña modesta e discutible opinión, houbo unha ringleira de causas, como a da foto do iate, os despilfarros, en xeral, o moi mal visto polos galegos da bicefalia gobernante, etcétera, que axudaron o seu ó acaer da cousa. Mais, pra min, o argumento de mais peso foi o manexo da custión linguística.


O tratamento do feito linguístico, levado a ramo por xentes cun senso patrimonialista e despótico do tema e un desprezo total polos dereitos alleos, viña contribuíndo, xa de logo, ó desenrolo dun sentimento larvado de rebeldía que rematou nunha plataforma cidadá a prol do bilinguísmo e do dereito dos pais a escoller o idioma vehicular pro ensino dos seus fillos na lingua que lles pete.


Aconteceu que na manifestación que ista plataforma fixo en Santiago foron agredidos os participantes na mesma, con argumentos de dudosa convición, como pedras, botellas, etcétera, polos defensores do monolinguísmo escluínte, cousa que a televisión posibilitou que fora vista pola totalidade do pacífico pobo galego. Isto coincidiu, no tempo, coas declaracións que nun medio televisivo moi concurrido fixo o señor Núñez Feijóo, de que a primeira cousa que faría, si saía elexido presidente, sería anular o decreto sobor da inmersión linguística. Estou seguro de que así o fará. Agora bén, con ista anulación non debe rematar a tarefa.


É indiscutible a obriga da Xunta, do ensino ia promoción da lingua galega, mais, cun preciso senso da realidade linguística. Como base de partida, hai que aterse a unha ‘regla de ouro’. A Administración tén a obriga do seu ensino. O cidadán, pola contra, tén a obriga de coñecela io dereito de usala, ou non’. Mais, isto que parece tan doado, sobor do papel, tén moitos atrancos, na práctica, por mor da moitedume de xentes e instituciós, con moitos intereses creados polo uso dela como ubre nutricia.


Algunhas destas, como a Mesa pola Normalización Linguística, poñen o berro no ceo, por si alguén quixera facer, co galego, o mesmo que iles fixeron ou pretenderon facer co castelán.


Coido que, unha vez que o galego se non estude por imposición, acrecerá o número de demandantes do seu ensino e, polo tanto, sería o momento de devolverlle á lingua a súa beleza e musicalidade natural. Isto é posible co concurso de xentes de toda a xeografía galega, con fondos coñecementos da fala enxebre da rúa, ceibes de atadallos políticos ou ‘pesebristas’ que orgaizaran un debate que marcara as normas de futuro, debate que nunca se fixo, e que é imprescindible pra consensuar unha gramática común e mesmo un diccionario. Os asesores válidos, pra ista laboura, non sempre están na R.A.G., ou nos orgaísmos de política linguística, como sería lóxico.


En todo caso, o señor Núñez Feijóo tén a posibilidade, pra crarexar dúbidas, de contrastar o galego oficial que co falan os seus paisanos dos Peares, que é un exemplo de crisol poboacional, e que, non en van, son os herdeiros do latín e, posteriormente, do galego dos mosteiros da Rivoira Sacrata e mais das lexiós romanas que tiñan nas ribeiras do Miño e do Sil a entrada natural á Gallaecia.


A ‘proba do nove’, é dicir, a que amosará a recuperación da enxebre lingua galega, será a volta á transmisión oral nas familias galegas ia recuperación operativa dos vellos diccionarios, arrumbados pola desaxeitada normativa.


Do castelán falaremos outro día.



Te puede interesar