Opinión

Neurovisión: 15 de marzo

Quero felicitar ás profesoras da Universidade, Beatriz Suárez e Purificación Mayobre, por ser merecedoras e ter recibido o Premio de Compromiso coa Igualdade de Xénero Uviguala 2014, por impulsar a institucionalización dos estudos de xénero na institución académica, coa posta en marcha dun máster pioneiro en Estudos de Xénero, promovendo a investigación en diversas áreas desde unha óptica feminista.

Tiven a inmensa honra de ser alumno de Puri Mayobre nos primeiros cursos de Pedagoxía realizados no Colexio Universitario ourensán do Xardín do Posío, e gardo os mellores recordos da súa docencia e da súa personalidade, facendo das súas clases un auténtico ágora participativo. Con ela e con outras profesoras como Mercedes Suárez Pazos fomos cambiando actitudes e adquirindo compromisos no eido feminista dos que non nos desprendemos nunca. Ogallá siga habendo moitos profesores e profesoras que continúen este labor e combatan esta idiotez e aletargamento que está sufrindo a nosa sociedade, onde os listos de turno queren facernos ver que o único problema que nos atinxe é o económico, deixando de lado ou menosprezando todos os avances sociáis que se foron conseguindo con moito esforzo e loita nas últimas décadas. Contra esa demagoxia que trata de adomercer conciencias nada mellor que unha pedagoxía militante e combativa. É verdade que a educación ten que sair necesariamente das familias, pero cando ésta é deficiente ou está baseada nos valores dos "realiti-shows" televisivos, terán que ser as institucións educativas quenes palíen esa deficiencia; antes que inxenierios, avogadas, patronistas ou mecánicos torneiros temos que facer cidadáns libres, tolerantes e solidarios. Hoxe saíume ese pedagogo que levo dentro con moito orgullo.


OCIO NOCTURNO

Coincide nestes días a Defensora do Telespectador, sobre a necesidade de adiantar os programas do "prime time" televisivo, cos organizadores de concertos da noite viguesa. Eu tamén coincido con quen opina que en días laboráis non é normal ter que agardar ás 12,30 da noite para rematar de ver unha serie televisiva, unha película ou un programa de entretemento, salvo que sexa nas fins de semana nas que cada quen programa o seu tempo e as súas horas de sono como quere. Esto que digo agora xa o pensaba cando o "Supermartes" remataba preto da unha e media da madrugada, co cal media Galicia quedaba sen saber se o concursante levaba o coche ou marchaba cun "Atilano" para a casa; dúbida existencial onde as haxa.

Nunca entendín o afán trasnoitador deste País, no que hai que agardar polas tres da madrugada para botar un baile, porque antes desa hora tócache colocar os cinceiros. Xa non o entendía nos anos de mocedade cando iamos de Ourense á "marcha viguesa" tendo que "facer tempo" un par de horas no Café Universal para logo ir a algún pub ou disco, estando os mesmos que logo nos veriamos as caras na pista de baile; un absurdo. Agora, co problema do botellón engadido e coa maldita crise que soamente lles permite traballar algo os sábados, os empresarios nocturnos de hostalería danse conta de que hai un montón de horas mortas nas que os locáis estan valeiros e buscan a maneira de adiantar o horario. Mesmo os programadores de concertos, como o excelente músico Juan Rivas, son partidarios de que os artistas toquen a partir das dez da noite, algo insólito por estes lares. Eu, que saio moi pouquiño a horas intempestivas e nunca fun moi amigo dos trasnoites esaxerados, aplaudo esta iniciativa para poder disfrutar da cultura e do ocio a horas máis normáis, tal como se fai en París ou Berlín; onde tamén hai, lóxicamente, alternativas para quenes queren facer da fin de semana unha festa contínua sen horarios.

En canto á televisión, eu avogo por adiantar os noticieiros da noite, e con elo mover toda a grella de programas "prime time", podendo compaxinar o entretemento coas oito horas recomendadas de sono reparador. Non é normal que os nenos deste País falen no colexo de programas que rematan á unha da madrugada.


VOLVE LOBATÓN

Volve Paco Lobatón, aquel xornalista que buscaba desaparecidos hay uns anos, e faino no Canal Crimen+Investigación do que é Conselleiro. Conducirá un programa que indagará nos principáis delitos nacionáis e internacionáis, especialidade marca da casa. Eu non podo esquecer, agora ríndome delo, como o medo dos programadores televisivos a aquel exitoso "Quien sabe donde" de Lobatón fixo que durante unha tempada o "Supermartes" fose o programa dos "mércores".

www.superpiñeiro.com

Te puede interesar