Cambio e movemento

Aquel condutor imprudente, veloz e afable, cambiou de carril e matouse. Foille mal, igual que lle foi mal ao corredor que cambiou equivocamente de pista ou ao emigrante que cambiou de país para cambiar de vida e só puido facer o primeiro cambio, pero esta claro que noutros ámbitos estamos en tempos de cambio. Xa...

A lagarta de Modesto

Un animal de compañía, unha persoa ou cousa que alguén leva consigo pensando que lle dá boa sorte é, segundo a Real Academia Galega, unha mascota e no mundo hai centos de millóns delas, a maioría son gatos, pero tamén hai cans dabondo dedicados a este cometido, uns cento oitenta millóns, segundo as estatísticas....

Amas de cría

Primeiro a mamadeira e despois o biberón fixeron verdadeiros estragos en moitas familias. Empezaron a usarse no século dezanove, pero non foi ata principios do vinte cando as medidas hixiénicas  ofertaban as mínimas e imprescindibles garantías. O biberón impúxose e evitou o tránsito e a circulación das amas de...

Escoitar e aprender

Europa quere evidenciar que o Patrimonio Cultural, “onde o pasado se atopa co futuro”, é un ben tamén de valor económico, social e medioambiental. Así coa declaración de 2018 como “Ano Europeo do Patrimonio Cultural” fai que as institucións e diversas entidades sociais aproveiten para dar realce a este patrimonio...

As portas, abertas

Moitos de vostedes, prezados lectores, sobre todo aqueles que viviron, como eu vivín, nunha aldea de Galicia, pobre e con moita xente, lembrarán que as portas das casas non tiñan chave.  O curral do veciño non tiña chave para cerrar a súa porta e as fiestras tampouco se podían pechar. Ninguén pechaba a...

Nada

Buscas no saco baleiro e non atopas nada. Non hai nada no baleiro e pouco no que está cheo, neso que parece estar cheo de nada.  Aquel home amigo miraba ao redor e vía unha rea de cousas paradas, movidas unicamente polo vento forte que viña de arriba. Tiña a sensación de que perdera a mirada e así tódolos...

Cantores do mar

En Malpica de Bergantiños tamén se acaba un mundo para empezar  outro, o mar inmenso, “sen camiños e sen explicacións” no dicir de Alessandro Baricco, o italiano autor de Seda. E, detrás do mar que se verá? Olas bravías, cantigas de Martín Codax, de Mendiño e de Paio Gómez Chariño, versos de Manuel Antonio, o...

A calar!

Todo cambia e sempre avanza, unhas veces para ben e outras, cara atrás. Nestes días pasados a prensa deu conta dunha nova interesante ou, cando menos, curiosa, referida ás matriculas dos coches en Dubái, onde queren que sexan portadoras de datos suficientes e dispoñibles para que as ferramentas informáticas dos...

Aínda que chova

Falar do tempo é verdadeiramente apaixonante, moi interesante e de grande proveito para aquelas persoas que mañá teñen que saír de viaxe, para os agricultores que teñen que traballar ao romper o día, para todos os que dedican a súa xornada enteira ao transporte, para os deportistas, hostaleiros e guías de turismo,...

Riqueza e miseria

Pobre Manolo de Lobeira e pobre Xan Sen Nada da Teixeira! Andan os dous mirando como pasa o vento e gozando co seu zoar xordo e continuado, mañá, tarde e noite. De noite por ser noite e de día, por ser de día. Eran dos máis pobres do lugar e sentábanse para descansar, mentres os veciños traballan no leiro, no...

Peste

Anda unha peste recorrendo Europa que vai deixar moito que falar, moito que facer e moito que recompoñer. Os políticos, homes e mulleres, sábeno ben. É como unha infección altamente contaxiosa que vai, de partido en partido, dun lugar a outro, de provincia en provincia e de nación en nación, desfacendo países,...

Soidade

Asoidade xoga malas pasadas, é unha das epidemias da sociedade moderna, desta na que tanto se fala e tan pouco se escoita. É un mal desta sociedade aparvada pola sen razón, pola intolerancia contemporánea e polo pouco respecto ao que se di. Os expertos aseveran que se trata dunha das causas  dos grandes...

Un día por ano

Mamá, todas as mulleres son iguais e iguais aos homes, a tódolos homes. Todos somos iguais en dereitos e en deberes, pero todos somos diferentes. Desiguais,  afortunadamente,  na forma de andar e de pensar, nas vocacións e nos gustos e no tipo e na cor do pelo, dos ollos e da cara. No falar, no mirar e no...

Tía Manuela

Con tanta loucura e tanta tolemia, a xente perderá a noción de que o xénero é como ese trazo gramatical que marca a oposición entre masculino e feminino, sabendo –como todos e todas deben saber e saben- que cómpre dar por feito e defender con tódolos medios...

Sabor a gloria

Din que o cocido é unha sinfonía de sabores, un pracer para as persoas que son ben comedoras, un gusto para os festeiros, para os traballadores, para os que andan de folganza e para os que, primeiro, queren ter aspecto saudable e ledicia no corpo e na alma. Carne de porco a barullo, cachola, orella,...

A lección das formigas

O constante e meticuloso traballo das formigas e das abellas esperta curiosidade e certa cobiza nos humanos, fundamentalmente naqueles que se dedican á investigación, ao estudo dos comportamentos grupais, á observancia da realidade e da natureza, á bioloxía e/ou ás ciencias...

Marabilla

Non se entende moi ben, pero non importa. Adiante! Con valentía, con garbo e con certo aire de desaliñado el sempre vai en cabeza, coma o líder que arrastra detrás de si  á totalidade da cidadanía, sexa moita ou sexa pouca. Exactamente igual ao que lles gustaría...

Igualdade

Apoboación actual do Estado Español supera os 45 millóns e medio de persoas e aproximadamente, segundo os datos oficiais, o 50,5% son mulleres, mulleres que traballan, estudan, coidan dos seus fillos, opositan, fan os labores da casa, andan na política, son científicas,...

O envoltorio

O envoltorio non debe merecer máis que o contido que arrodea, aínda que sexa papel de envolver. Hai un dito popular ben certeiro, “o regalo da felicidade pertence aos que o sacan do envoltorio”, igual que os regalos de reis, de fin de ano, do nadal ou do día de San Manuel. Son de...

O 25 aniversario

Todo fai pensar que o Xacobeo 2021 será importante para Galicia e para as distintas comunidades que integran Europa. Parece un desexo, un anhelo dos grandes programadores, unha esperanza para os integrantes dos distintos sectores produtivos, empresariais, comerciais, de negocio, de investigación e de...