A Asociación Limisi, premio Pedra Alta 2021

photo_camera Entrega do premio. (ÓSCAR PINAL)
 Está dedicada á atención de persoas con diversidade funcional nos seus domicilios e nos seus lugares de residencia dende o ano 2002

Despois da favorable acollida das tres entregas anteriores do Premio Pedra Alta (2020 nonse celebrou por mor da pandemia), o Museo da Limia entregou a a cuarta edición deste galardón. O fixo á asociación sen ánimo de lucro Limisi, que desenvolve a súaactividade na comarca. Está dedicada á atención de persoas con diversidade funcional nos seus domicilios e nos seus lugares de residencia dende o ano 2002.

"Non só nunca deixou de prestar os servizos que lle son propios senón quefoi abrindo progresivamente un amplo abano de referencias e espazos, enfocadosa chegar cada día a máis persoas no ámbito ocupacional, na educación erehabilitación terapéutica, no eido socio-educativo, na información, asesoramento e orientación das familias de persoas con diversidade funcional emesmo na conformación dun fogar para persoas con discapacidade intelectual", sinalan dende a organización

Recibiron un galardón consistente nunha réplica do menhir situado no corazón daantiga lagoa da Antela, coñecido popularmente como Pedra Alta, creada poloescultor limiao Xosé Lois Carreira. Tamén un diploma derecoñecemento, deseñado polos arquitectos Manuel Seoane e Lola Peláez

Te puede interesar