BNG e PSOE piden un pleno para analizar a plantilla local

Os representantes dos grupos municipais do BNG, Amador Díaz, e do PSdeG-PSOE, Elvira Lama, rexistraron onte unha petición conxunta de ambos grupos solicitando a celebración dun pleno extraordinario para analizar a situación do persoal laboral do Concello. Unha decisión motivada polo recente anuncio de diversos procesos de contratación para diversos postos temporais 'en contra das directrices do Plan de Saneamento Económico-Financeiro e incumprindo un mandato expreso do pleno aprobado o pasado 4 de novembro, que ordenaba a conxelación inmediata de calquera nova contratación de persoal eventual', reclamaban ambos portavoces.
Uns anuncios de contratación de persoal que xa levaron ós representantes sindicais a alertar sobre a 'inviabilidade' do modelo nunha xuntanza celebrada o pasado 14 de xaneiro. Socialistas e nacionalistas subliñaron o retraso na aprobación da Relación de Postos de Traballo (RPT), así como 'un plan de saneamento que só se cumpre para subirlle os impostos ós veciños e veciñas', critican as dúas formacións.

Te puede interesar