O xuiz tomou declaración os membros dun tribunal de selección de personal

O exsecretario de Xinzo testifica contra o alcalde

Pumar, (esquerda), e Martínez (centro), a  espera de prestar declaración en sede xudicial. (Foto: MIGUEL ÁNGEL)
O titular do Xulgado do Contencioso-Administrativo 1 de Ourense tomou declaración a parte de dous tribunais que seleccionaron, no Concello de Xinzo, á noiva do alcalde, Antonio Pérez, para unha plaza de administrativa, e á filla do exdelegado de Medio Ambiente, Agustín Prado Verdeal, para ocupar la plaza de abogada.
Ademais, o xuiz tomou declaración ao exsecretario do Concello, Demetrio Martínez, que asegurou que o tribunal foi 'escollido polo alcalde e designado por decreto da Alcaldía', tras contactos coa Deputación dos que dixo non ter constancia directa. Alcalde e secretario manteñen denuncias cruzadas no xuzgado desde que o primeiro interveu o ordenador do técnico, o que acusa de alterar fechas e informes en contratacións de traballadores que foron anuladas por o xuzgado

A toma de declaración comenzou sobre as once da maña en presencia dos avogados do sindicato CIG, e dos representantes das gañadoras da oposición, que se celebrou no ano 2010. O citado sindicato impugnou as dúas resolucións do alcalde para ocupar as prazas, reclamando a nulidade das mesmas.

O que foi presidente do tribunal, Gerardo Pumar, que tivo o cargo de secretario da Delegación de Medio Ambiente' baixo as ordes do pai da seleccionada', segundo formulou a avogada denunciante no seu interrogatorio, detallou que non ten ningún tipo de relación co Concello de Xinzo e que descoñece os motivos polos que foi elixido como presidente do tribunal. 'Supoño que tiveron en conta que estiven noutros tribunais como representante da Xunta'. Tampouco soubo explicar o motivo polo que todos os membros do tribunal foron acordados coa Deputación. O resto de membros do xurado tampouco saben por qué foron elexidos.

Te puede interesar