POLÍTICA

Luís Villares: "Entendemos que a Xunta chega tarde na crise da pataca"

jo
photo_camera Luís Villares, no centro da mesa, cos productores de patacas de A Limia.

Nunha reunión, os productores de patacas de A Limia trasladaron ao portavoz parlamentario de En Marea as súas inquedanzas e as preocupacións no escenario do parlamento galego

O portavoz do grupo parlamentario En Marea Luís Villares e o deputado por Ourense Davide Rodríguez, mantiveronunha xuntanza cos produtores de pataca da comarca de A Limia, entre eles varios representantes da IXP Pataca de Galicia, para buscar solución para aplacar os temores en relación á couza que está afectando á pataca na rexión limiana.

“Entendemos que a Xunta chega tarde, pois este problema afectaba hai ano e medio a tres concellos e hoxe afecta a trinta e tres, polo que é normal que exista esta inquedanza en todos os produtores de Galicia”, engadiu o portavoz da marea galega.

En Marea explica que "seguirá insistindo na necesidade de tomar medidas efectivas e firmes, que eviten a perda de de mercado da pataca galega. Cremos que a pataca da Limia non debe quedar prexudicada por esta crise que afecta neste caso á Mariña e polo tanto entendemos que lle compete á Xunta actuar para garantir a sustentabilidade do propio mercado porque depende a economía de toda unha comarca dun sector tan importante como é aquí a pataca”, concluíu Villares.

Te puede interesar