Maxia e música nas festas de Santa Mariña de Xinzo

2018071814065659549
photo_camera As fieis portan a imaxe da santa nunha das últimas edicións. (Martiño Pinal)
As festas terán outro homenaxeado: o músico Antonio Estévez “O Venecia”, o 17 de xullo na praza de San Roque

Xinzo poderá festexar este ano á súa patrona, Santa Mariña, con varias iniciativas culturais, musicais e lúdicas pensadas para todos os públicos e con todas as medidas de seguridade, tal e como afirmaron dende o Consistorio. 

As festas comezarán o venres 16 co concerto do grupo de folk TOR na praza Carlos Casares, ás 23,00 horas. O sábado 17, na misma hora e emprazamento, será a quenda de Terbutalina, un grupo de garage punk galego formado en 2010. No Toural haberá varias sesións de maxia co espectáculo do Mago Antón dentro da súa “Volta a Galicia en 313 concellos”.

O domingo, 18 de xullo, está programado o concerto de O Sonoro Maxín, unha banda xurdida en Ourense da unión de músicos de Lamatumbá e Cinnamon Gum. Como os concertos do día anterior, terá lugar na praza Carlos Casares, a partir das 23,00 horas. Antes, ás 20,30 horas, haberá unha actuación da Agrupación Musical da Limia que se celebrará na praza Xoan XXIII e, ás 19,00 horas na praza de San Roque, ofrecerase un contacontos lúdico da man de Pedro Brandariz. 

O luns, o broche de ouro poñerase coa comedia musical “Ummm”, que chegará a Xinzo da man de Teatro Avento Producións -praza de San Roque, 19,00 horas-. 

As festas terán outro homenaxeado: o músico Antonio Estévez “O Venecia”, o 17 na praza de San Roque -20,00 horas-.

Te puede interesar