MEDIO AMBIENTE

Nova xornada de limpeza na Veiga de Gomareites, en Vilar de Barrio

Ten como obxectivo mellorar a conservación de espacios naturais de interese para as aves da Limia

A Sociedade Galega de Historia Natural  (SGHN) organizará este fin de semana outra xornada de limpeza da Veiga de Gomareites, do concello de Vilar de Barrio. Esta actividade ten como obxectivo mellorar a conservación de espacios naturais de interese para as aves da Limia e a SGHN contará coa colaboración e participación de aquelas persoas que poidan estar interesadas na mesma.

A Veiga de Gomareites é un espacio "moi interesante desde o punto de vista ornitolóxico" e a sociedade ten firmado un convenio de custodia do territorio cun gandeiro da zona, que utiliza 16 hectáreas para manter temporalmente un rebaño de vacas en réxime extensivo. A SGNH e os seus voluntarios levan retirado xa un total de 26 metros cúbicos de lixo deste espacio coas xornadas que desenvolverá este fin de semana pretende retirar outros catro metros cúbicos de plásticos.

Nesta ocasión e como novidade, a SGHN contará coa colaboración da "Xarxa de Custòdia del Territori", a través da concesión dunha axuda dentro do programa "Voluntariado e custodia do territorio".

O programa de traballo que desenvolverán hoxe e mañá, 9 e 10 de abril, abrirase ás 10,00 horas, co encontro dos participantes na gasolinera Antela, na pista de enlace soa autovía A-52. Os interesados en participar deben confirmalo no enlace [email protected]

Te puede interesar