SERVICIOS

Retrasos na reapertura do pavillón de Xinzo

O peche das instalacións e das piscinas climatizadas contribuíron a un récord de usuarios nas piscinas abertas

O pasado 2 de agosto o Concello de Xinzo de Limia informaba de que se ía proceder ao peche das instalacións do Pavillón Municipal durante a primeira quincena do mes para acomerter labores de limpeza xeral e de encerado da pista , xunto con outras actuacións de cara a mellorar o servizo. 

Estimábase que as instalacións volverían abrir na segunda mitade deste mes pero dende o consistorio informan de que a reapertura se vai retrasar máis do estimado. 
"O estado deficiente das instalacións, e concretamente da pista, obríganos a adiar a apertura do pavillón e a aumentar as horas de traballo", informan dende o goberno local.

A ausencia deste servizo durante o mes de agosto xunto co peche das piscinas cubertas climatizadas para acometer labores de mantemento no saneamento de auga, propiciou que as piscinas abertas do concello rexistraran un récord absoluto de visitantes. "Nunca tiveramos tantos usuarios nas piscinas abertas coma este mes", se congratulou o alcalde, Antonio Pérez no Pleno do pasado luns. "A empresa encargada de por a punto a pista está traballando arreo", concluiu Pérez. 

Te puede interesar