O xardín de Rairiz coidado por maiores recibe premio

Un proxecto do Centro de Atención a Persoas Maiores de Rairiz de Veiga, xestionado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, obtivo o Premio á Mellor Comunicación Social no 'XXII Congreso da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía', celebrado hai uns días.
A iniciativa, desenvolvida coa colaboración da Consellería de Traballo e Benestar, do propio Concello no que radica o centro, e do colexio público 'Antonio Vázquez,' que cedeu o uso dun invernadoiro, consistiu nun proxecto de “xardín xerontolóxico” que implicou intervencións nas áreas da reminiscencia e do desempeño ocupacional das persoas maiores. Así, co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos destinatarios do proxecto, 12 persoas de entre 65 e 89 anos participaron durante seis meses no mantemento e coidados básicos do xardín, sacar o lixo, mercar plantas e utensilios, sementar e recoller a producción.

Te puede interesar