XINZO DE LIMIA

Xinzo fai limpeza xeral das rúas e prazas da vila

xinzo_limpia_result
photo_camera Operarios municipais traballan na limpeza do entorno da Praza Maior.

Logo das queixas expresadas desde algúns sectores, sobre a suciedade que se apreciaba en boa parte da vila

O Concello de Xinzo puxo en marcha un programa de limpeza xeral das rúas, beirarúas e prazas da vila. Logo das queixas expresadas desde algúns sectores, sobre a suciedade que se apreciaba en boa parte da vila, o novo concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Cabas, unha vez organizado o persoal do servizo, a maquinaria e a adquisición de "productos ecolóxicos, que non dañen a nosa paisaxe" para afrontar a tarefa, o pasado martes puxéronse en marcha os traballos de limpeza, comezando pola Praza Maior, e que se estende ao resto da vila.

Torneo solidario

O pavillón de deportes de Xinzo acollerá o sábado e domingo o II Torneo Solidario de Fútbol Sala organizado polas Novas Xeracións do PP. Contará coa participación de 21 equipos masculinos, seis equipos femininos e seis sub 20. O torneo recollerá kilos de comida non perecedeira para entregar a Cáritas Santa Mariña.Os equipos sub-12, sub-15 e femininos deberán aportar 15 kilos de comida e os equipos afeccionados, 30 kilos.

Te puede interesar