A Asociación de Comerciantes pretende unir o sector terciario

A composición dunha única asociación que aglutine ao comercio, a hostelería, os empresarios e autónomos de Allariz deu un paso máis trala reunión celebrada o pasado mércores nas instalacións da Fundación Vicente Risco. 'Seguimos para adiante ca idea de conformar unha única asociación a través da cal poidamos organizar actividades e campañas que sexan beneficiosas para o pobo', explicaba Carlos Airas, presidente da Asociación de Comerciantes de Allariz.
Dende fai uns meses, un grupo de empresarios da localidade está traballando na dinamización do tecido asociativo. Sin entrar no debate sobre unha posible fusión nin eliminación das asociacións existentes, 'o noso obxectivo é modificar os actuais estatutos da asociación de comerciantes para que teñan cabida todolos profesionais de Allariz', explica Airas.

Acordado este punto, a vindeira semana a xunta directiva comenzará unha ronda de visitas polos establecementos e empresas de Allariz (máis de 200) para rexistrar os datos dos asociados así como dos novos membros e informarlles do incremento da cuota anual (de 50 a 120 euros). 'Alguns pensarán que é elevada, pero o obxectivo é poder contratar a unha persoa para que elabore unha programación rigurosa e estable que permita dinamizar o pobo ', apuntou Airas, quen confía en acadar ao menos unos 90 socios para esta nova etapa.

Na actualidade, o municipio conta cun total de catro entidades relacionadas co sector terciario: a Asociación de Artesáns da Comarca de Allariz, a Asociación de Productores Artesáns, a Asociación de Comerciantes e a de Hostalaría e Turismo, cunha participación que varía entre os cinco e os 90 asociados.

Te puede interesar