GASTRONOMÍA

Bar Castillo de Maceda, gañador do quinto concurso de tapas

Encarna Gutiérrez e Roberto Carlos Freire Ramos na entrega do premio a mellor tapa de Maceda.
photo_camera Encarna Gutiérrez e Roberto Carlos Freire Ramos na entrega do premio a mellor tapa de Maceda.
13 establecementos de Maceda uníronse para reactivar a economía local

Un total de 13 establecementos hostaleiros de Maceda, en colaboración coa Asociación de Empresarios e Comerciantes e o Concello, uníronse por quinto ano para organizar un concurso de tapas co que pretenden reactivar a economía local.

A entrega de premios desta iniciativa cultural e gastronómica tivo lugar no día de onte no salón de actos do concello. A tapa gañadora foi o bocatín de raxos con crema de pataca, preparado polo Bar Castillo, que conquista por terceira vez este galardón. “A nosa tapa era moi sinxela porque buscábamos algo que lle gustase a todo o mundo”, explica Encarna Gutiérrez, xerente do establecemento.

Ademais de gozar do pracer de comer, tamén puideron participar no sorteo de varios regalos. Os gañadores do sorteo dun televisor Smart TV de 32 pulgadas foron Miguel Campos González, o segundo premio (unha tablet) foi para Lola Sánchez Rapado e o terceiro premio (uns auriculares bluetooth) para Josefa Pérez Salgado.

Fixeron acto de entrega dos premios a alcaldesa de Maceda, Uxía Oviedo e o presidente da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Maceda, Robertos Freire. “Eu falei cos negocios e tiveron menos xente ca outros anos pola climatoloxía. O pinchos dos locais elaboráronse máis e traballárono un pouquiño mellor ca noutros anos, pero non tiveron tanta xente por culpa do tempo”, detalla Roberto. “Foi un éxito pola participación moi alta, eu falei coa hostelería e fixeron unha valoración positiva. É certo que o tempo non acompañou moito e iso fixo que baixara un pouco a participacion”, declarou a alcaldesa.

Entre as tapas que se elaboraron están as seguintes: o Bar Teixeira preparou un bacalao gratinado; o Bar Porta Sacra elaborou unha canasta de plátano rechea de atún acevichado;  o Bar A Tapa presentou un cadeliño quente; A Cervexería cociñou un montadiño en primavera sen fochancas (por motivo das obras na vila), A Casa Rosa uns mexilóns tigre, A Burguer Maceda fixo un timbal de tenreira acompañado de puré de castaña, o Bar Castillo un bocatín de raxos e crema de pataca e  o Bar Pagas Tú unha tosta de lomo fresco con mazá.

Te puede interesar