A inauguración da 'I Feira do libro galego de ocasión' abriu onte na Praza de Abastos a variopinta programación lúdico-cultural da cal disfrutarán os alaricanos e visitantes durante a festividade de Semana Santa.

Cultura para alimentar os sentidos

Os máis pequenos disfrutaron da amplia selección de libros e productos educativos en galego que se poden mercar na feira. (Foto: MARCOS ATRIO)
A proveitar a presenza de turistas que estos días visitan a vila do Arnoia para divulgar e promover a cultura galega é o reclamo da programación alaricana para estes días de Semana Santa e que onte, con moi boa acollida, abriu as súas portas na Praza de Abastos. Centos de veciños e visitantes discurriron polo antigo mercado tocando, olendo e sentindo os máis de 800 títulos (dun total de 13.000 que na actualidade compoñen o catálogo en lingua galega) na 'I feira do libro galego de ocasión'.
Os versos de Lugrís Freire, a escolma de Lois Pereiro ou a biografía de Xaquín Lourenzo 'Xocas' compartirán durante toda esta semana expositores cas guías de viaxe por Galicia e Portugal, os ensayos políticos e de autoestima, cómics, novelas de xóvenes escritores galegos e veteranos estranxeiros. 'Corren malos tempos para a lírica, para a poesía, para a cultura en xeral pero nós, que somos uns revolucionarios, imos a apostar por ela', aseguraba a concelleira de Cultura de Allariz, Teresa Devesa, no transcurso da inauguración que contou ca presencia do escritor David Vázquez como pregoeiro. 'Calquera hora é boa para visitar Allariz, pero estou moi agradecido por este convite', comentaba o veciño da comarca de Valdeorras que, recordando as orixes da Praza de Abastos, subliñou que 'os libros son un alimento en esencia, o único que cambia é o embase'.

Cas aventuras dos 'bolechas' baixo o brazo, os nenos exploraban onte a sección infantil na búsqueda de novos hachazgos. 'A mín gústanme os contos tradicionais rusos', confesaba Elena, unha cativa alaricana que se achegou a feira ca súa irmá.


MERCADO

Os alaricanos foron maioría na visita a feira, que onte coincidiu ca celebración ao aire libre do Mercado da Reserva da Biosfera, aínda que xa había unha nutrida presencia de turistas. Xunto a colección de autores estranxeiros traducidos ao galego atopábase a familia Poulsen. 'Allariz sempre é un bo sitio para visitar e máis para descubrir unha feira con obras de autores daneses traducidos ao galego', subliñaba Pía Poulsem, unha danesa con residencia en Santiago.

A feira, que hoxe se poderá visitar de 11,00 a 14,00 e de 17,30 a 21,00 horas, contará as sete da tarde ca presencia de Francisco Castro e 'Os libros da miña vida'.

Te puede interesar