CONCELLO DE ALLARIZ

Homenaxe aos segadores no pobo alaricano de Queiroás

Por outra banda, a corporación municipal de Allariz determinará hoxe os cargos con dedicación exclusiva durante a sesión plenaria extraordinaria que se celebrará a partir das 19,30 horas

A corporación municipal de Allariz determinará hoxe os cargos con dedicación exclusiva durante a sesión plenaria extraordinaria que se celebrará a partir das 19,30 horas. No mesmo pleno nomearánse os tenentes de alcalde, os membros das xuntas de goberno, constituiránse os grupos políticos e crearánse as comisións informativas. A xuntanza dos concelleiros rematará coa aprobación da conta anual do exercicio 2014 de Reatur S.A. e de Medioambiental Alaricana S.L.

Monumento aos segadores

No concello alaricano, tamén haberá hoxe tempo para lembrarse dos segadores de Queiroás, coa inauguración dunha escultura conmemorativa deste gremio, que levará o lema "Corta miña fouce corta". Será a partir das 20,30 horas en Queiroás de Igrexa. O acto incluirá a lectura de poemas e estará amenizado por un grupo musical.

Te puede interesar