“É inaceptable que, ca tradición cultural da vila, allariz non conte cunha banda”

José Manuel Vega.
Nenos, adultos e maiores están chamados a liderar a recuperación da antiga banda de música de Allariz. O rexidor local Francisco García, acompañado polos profesores Nieves Llopis e José Manuel Vega, presentou onte o proxecto que persigue por en marcha unha escola municipal que poda encher o espazo que deixou a desaparición da 'Banda do Quinito' na segunda mitade do século pasado.
Como xurdiu a idea de crear unha banda municipal?
Tanto Nieves Llopis -a outra impulsora do proxecto- coma min somos profesores de Conservatorio que, nas últimas datas, estamos traballando na creación de diferentes escolas de música en diferentes concellos de Ourense e Pontevedra. E, vivindo en Allariz, parecíanos incrible e inaceptable que ca tradición cultural e bandística da vila, non houbera unha banda. Mais cando moitos dos nosos alumnos de Xinzo ou Ourense son de Allariz. Falamos co alcalde, que nos amosou a súa total colaboración co proxecto e agracedemos moito a posta a nosa disposición do local de Roimelo e do material imprescindible para votar andar a escola.

Cal e o voso obxectivo?
Facer no pobo unha banda onde nenos, adultos e maiores compartan un sitio de aprendizaxe, de convivencia e disciplina. A idea é, nun plazo de dous anos, contar cunha banda municipal. Para iso é necesario traballar dende a base e por iso diseñamos a posta en marcha dunha escola.

Como repartireis as clases?
Ofrecémoslles aos alumnos, con edades comprendidas entre os seis e os 90 anos, cinco cursos de formación sin necesidade de sair da vila. Animamos aos pais a que traian aos rapaces porque a disciplina e respeto que adqueriran aquí repercutirá nos estudos.Tamén aos adultos que estudiaron no Conservatorio pero non tocan e as persoas maiores, incluidas aquelas que tocaron na Banda do Quinito, porque teñen moito que aportar. Queremos abrir as portas para que todos aqueles músicos alaricanos teñan un lugar onde tocar.

Que prazos vos marcasteis?
Dende o 8 ao 27 de marzo poderán realizar a súa preinscripción na Casa da Cultura, despois realizaremos unha xuntaza xeral para falar das clases e a elección dos instrumentos. E, a partir de abril, iniciar as clases de lenguaxe musical intercalado con algun concerto didáctico.

Te puede interesar