Juan Antonio Seara, da asociación Xan de Arzúa: “As imaxes deste ano da festa son debuxos de Vicente Risco”
Os días máis importantes do ano para a vila celébranse grazas á labor altruísta de Xan de Arzúa, unha organización que se encarga de levar a cabo a Festa do Boi
A Asociación Xan de Arzúa, organizadora da Festa do Boi, impulsa un programa no que a historia e a música comparten a tradición. Juan Antonio Seara, membro da Asociación, destaca o traballo destos meses para retomar a festa máis importante da vila.
Cantos membros forman a Asociación?
A Asociación esta formada por máis de 100 persoas, as cales teñen unha función moi importante dentro da organización, nos meses previos, e no desenvolvemento durante os 9 días que dura, que sen o seu labor sería imposible realizala. Para entendelo mellor cada membro da Asociación colabora e participa dentros dos apartados en que podemos definir que se dividen as diferentes actividades que engloba a festa, ben sexa no apartado histórico, actividades infantís, cea veciñal, confección e colocación da decoración, como homes do sedeño... por destacar algunhas.
Temos que pensar que é unha festa do pobo de Allariz para o pobo
Que expectativas hai para este ano?
O principal é que os veciños, veciñas e os visitantes que durante os días de celebración disfruten de cada unha das actividades que este ano estan programadas. Temos que pensar que é unha festa do pobo de Allariz para o pobo, é dicir, se realiza coa aportación voluntaria dos veciños e veciñas da vila, para que eles poidan desfrutar dela. E dentro desto debemos destacar que cada ano aumentan os participantes nas actividades históricas da festa, como o caso da procesión medieval, na que este ano alcanzaremos o número de máis de 700 persoas na súa representación.
Cando comezou esta asociación?
Temos que remontarnos o ano 1983 cando 6 mozos da Asociación Arnoia recuperaron a Festa, podemos afirmar que ese é o xermen do que anos despois no ano 1994 sería a creación do que hoxe é a Asociación Cultural Xan de Arzúa. Polo que neste ano 2023 estamos a celebrar os 40 anos da recuperación da Festa do Boi.
Algunha novidade para iste ano?
Destacaría por un lado o que é as imaxes deste ano da Festa, que son debuxos de Vicente Risco, e que a Fundación Vicente Risco de Allariz nos cedeu para a súa reproducción. Xa que este ano estamos a celebrar o 60 aniversario do falecemento de Vicente Risco.
Como equilibran a parte histórica e a parte festiva?
Chegar a ese equilibrio do que me preguntas non é un traballo de un ano, de dous, se non que cada unha das persoas que formaron e que forman parte dende a orixe da Asociación teñen traballado durante moitos anos para conseguilo. No momento no que estamos dende a Asociación cremos que temos conseguido dito equilibrio entre o que denominamos o apartado histórico (procesión medieval, baixada das bandeira, recreación do trato do boi, actividades co CEIP Padre Feijoo..) e a parte festiva (pasarrúas, verbenas...) que é a base na continuación da celebración da festa.
Para iso incidimos na participación dos veciños e veciñas en todas as actividades pero sobre todo como integrantes das actividades do apartado histórico, o cal observamos que cada ano aumenta o número, indicativo da boa saúde diste apartado pero tamén pretendendo como Asociación que a conservación da historia, cultura e a súa difusión a través de actividades vinculadas a ela, non só da festa se non do pobo de Allariz e o futuro da non desaparición da cultura, historia, patrimonio… dun pobo.
Polo que a Asociación seguirá apostando nun futuro pola súa realización que non está en ningún momento enfrontado a parte festiva, á cal ten que seguir existindo e que na actual celebración da festa xa ten un peso tamén importante.
As frases
- A Asociación esta formada por máis de 100 persoas, as cales teñen unha función moi importante dentro da organización.
- O principal é que os veciños, veciñas e os visitantes que durante os días de celebración disfruten de cada unha das actividades que este ano estan programadas.
- Incidimos na participación dos veciños e veciñas en todas as actividades.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la Navidad ya llegó a Allariz?
SAN VITORIO DA MEZQUITA
Alertan de un fuego intenso en una casa de Celeiros, Allariz
FLUIDEZ DO TRÁFICO
Allariz delega na Garda Civil de Tráfico dende esta semana
Lo último
PARA CHUPARSE LOS DEDOS
El CHUO presenta sus tradicionales menús de Navidad
PRISIÓN PROVISIONAL SIN FIANZA
Detenida en Ourense por prostituir a su hija a cambio de dinero para droga
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Hay que ir sacando la ropa de fiesta
INFORME JURÍDICO
O Barco ya logró la relación de puestos de trabajo propia