Programa Festa do Boi Allariz 2023: Eventos e actividades

A procesión de Xan de Arzúa do ano pasado na Praza Maior.
photo_camera A procesión de Xan de Arzúa do ano pasado na Praza Maior.
A Festa do Boi 2023 de Allariz chega cargada de música, troula e animación infantil para  os veciños da vila. Consulta neste calendario todas as actividades previstas para estes oito días nos que a vila de Allariz se volca coa máis festeira das súas tradicións

A Festa do Boi 2023 de Allariz chega cargada de música, troula e animación infantil para  os veciños da vila. A programación durará dende este sábado día 3 ata o domingo 11

Actividades do Sábado 3 de xuño

A festa bota a andar cunha exposición de xugadas mansas na Barreira durante toda a fin de semana. Os actos comezan ás 18,30 horas a recreación do Trato do Boi en Roimelo e baixada cos bois ata a Barreira.

Ás 19,30 horas haberá un pasarrúas ao cargo da charanga A Felga. Ás 20,00 horas o saúdo do/a Corrixidor/a de Honra e entrega do sedeño na Barreira. Ás 20,30 horas a saída do Boi dende a Casa do Boi. Ás 21,00 horas pasarrúas a cargo da charanga A Felga. Ás 00,00 horas a ruada polo casco histórico coa charanga Mekanica Rolling Band.

Actividades do Domingo 4 de xuño

Carreira do boi na Festa do Boi de 2022.
Carreira do boi na Festa do Boi de 2022.

O domingo será o día máis esperado para os alaricanos, un día que nos retrae a 1317. A xornada comezará cun pasarrúas co grupo De Pé Feito que percorrerá as principais rúas da vila.

A súa alborada será o preludio doutro dos actos máis lendarios da festa dos que aglutina a maior cantidade de público: a Procesión medieval de Xan de Arzúa.  Esta cita ten unha importancia moi relevante e de profundo significado xa que se recrea a orixe da Festa do Boi dende a Praza do Eiró.

Tras a intensa mañá da Procesión toca recuperar forzas co xantar medieval que terá lugar, como vén sendo habitual, na Barreira e que congregará a centos de visitantes. O xantar comenzará ás 14,30 horas. As entradas para este xantar medieval levan a venda dende o pasado mércores 31 de maio. Pódense mercar en disintos puntos da vila: na Tenda do Boi, na Librería Nenos e no Bar Novo.

Xa pola tarde, ás 16,30 horas, será o tradicional concurso de trobadores coa actuación dos gremios na Barreira. Cada gremio cantará e bailará unha canción versionada a temática da festa e o final do concurso elixirase o gañador. A continuación, a partir das 19,00 horas comezará un pasarrúas co grupo de música os PerQtores. Ás 21,00 horas, está prevista a primeira saída do boi que percorrerá as rúas da vila alaricana.

Actividades do Luns 5 de xuño

O luns comezará coa carreira matinal das 08,00 horas. Ás 19,30 horas terá lugar a primeira carreira infantil e ás 21,00 horas será a tradicional saída do boi ás 21,00 horas.

Actividades do Martes 6 de xuño

O martes comeza cunha saída matinal do boi a partir das 08,00 horas. O resto desta xornada está pensada en boa medida para os rapaces da vila. Pola tarde, ás 17,30 horas, os nenos da vila teñen unha entretida cita co Pistaboi, un evento moi arraigado no que os rapaces e rapazas xogan a buscar a pista de Xan de Arzúa. A partir das 18,30 horas haberá para todos eles unha merenda infantil na Alameda xusto antes da saída infantil do boi (19,30 horas). A xornada rematará coa saída do boi ás 21,00 horas.

Actividades do Mércores 7 de xuño

O mércores comeza coa saída matinal do boi (08,00 horas). Pola tarde, ás 18,30 horas haberá o teatro de monicreques que representará “A historia do Xan de Arzúa” a cargo dos alumnos de 5º de primaria do CEIP Padre Feijóo na Praza de Abaixo. Ás 19,30 horas haberá unha saída infantil do boi e ás 20,30 horas, un teatro de rúa infantil que representará “O estrano caso do dentista da rúa Brasov” na Praza de Abaixo.

Actividades do Xoves 8 de xuño

Saída tradicional do boi ás 20,30 horas. Ás 21,30 horas no Campo da Barreira, unha cea veciñal amenizada coa chegada dos Zés Pereiras. Pola noite (00,00 horas), verbena coa Orquestra Cinema.

Actividades do Venres 9 de xuño

Treboada dos Zes Pereiras na Festa do Boi de 2022 na Praza dos Mesóns.
Treboada dos Zes Pereiras na Festa do Boi de 2022 na Praza dos Mesóns.

O ambiente de festa comeza coa Treboada dos Zes Pereiras ás 12,00 horas. ás 13,30 horas está prevista a saída do boi. Pola tarde (19,00 horas) haberá un pasarrúas coa Treboada dos Zes Pereiras e o grupo De Pé Feito

Ás 20,00 horas está previsto outro dos actos multitudinarios da festa: o encontro de gremios no Castelo na compaña da Treboada dos Zes Pereiras e o grupo De Pé Feito. A continuación, a procesión de bandeiras ata a Praza Maior. Alí, ás 20,30 horas, será  a xuntanza e o acomodo do Xan de Arzúa e a colga de bandeiras na Casa do Concello.

Trala saída do boi (21,00 horas), haberá un pasarrúas coa treboada dos Zes Pereiras e a charanga Alambique. A noitiña (00,00 horas), verbena no Campo da Barreira a cargo de A Gramola. Ás 00,30 horas, ruada polo casco histórico, coa charanga Alambique.

Actividades do Sábado 10 de xuño

Trala saída infantil do boi (12,00 horas), haberá un pasarrúas coa charanga Sugarri e a treboada dos Zes Pereiras. Logo haberá unha nova saída do boi (13,30 horas). Xa pola tarde, os pasarrúas  percorrerán a vila coa charanga Sugarri e a treboada dos Zes Pereiras. Ás 19,45 horas será o encontro de charangas no Eiró antes da saída do boi ás 20,30 horas.

A xornada continúa cos pasarrúas coas charangas Achicoria, Sugarri e a treboada dos Zes Pereiras. Ás 00,00 horas verbena no Campo da Barreira coa Orquestra Royal. Acto seguido, ás 00,30 horas, ruada polo casco histórico, coa charanga Achicoria.

Actividades do Domingo 11 de xuño

Remata a Festa do Boi 2023 cun pasarrúas coa charanga Sugarri e os Zes Pereiras ás 12,30 horas. Ás 18,00 horas os pasarrúas voltarán coa charanga Sugarri, a treboada dos Zes Pereiras e a Murga Achicoria. Ás 19,00 horas será a última saída do boi  e ás 20,30 horas será a despedida do Xan de Arzúa e traslado ata a Casa do Boi na compaña da Murga Achicoria.

Te puede interesar