Paderne elabora un plan para mellorar Solbeira e Figueiredo

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reunese co alcalde de Paderne de Allariz
photo_camera A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reunida co alcalde de Paderne de Allariz
Concretamente, o plan pasa pola humanización das contornas de ambos termos, para o que se pretende a inclusión do proxecto no Plan Hurbe promovido polo organismo autonómico. Do mesmo xeito, o alcalde de Paderne solicitou a colaboración para pavimentar varias zonas do concello. 

O rexedor de Paderne de Allariz, José Manuel Fernández, mantivo esta semana un encontro de traballo coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, co obxectivo de analizar e cooperar nas melloras previstas para os núcleos de Solbeira e Figueiredo.

Concretamente, o plan pasa pola humanización das contornas de ambos termos, para o que se pretende a inclusión do proxecto no Plan Hurbe promovido polo organismo autonómico. Do mesmo xeito, o alcalde de Paderne solicitou a colaboración para pavimentar varias zonas do concello. 

No seu encontro con José Manuel Fernández, Vázquez recordou que o Plan Hurbe naceu no ano 2010 como unha iniciativa da Xunta de Galicia encamiñada a axudar ás entidades locais galegas a executar proxectos destinados a “crear, mellorar e integrar coa contorna” espazos de uso público e equipamentos urbanos.

SETE MILLÓNS

Dende a Consellería de Medio Ambiente subliñan que a partida orzamentaria para este programa ronda os sete millóns de euros e reiteran o “compromiso do Goberno galego” á hora de brindar apoio aos concellos da comunidade para promover proxectos que contribúan a dinamizar os pobos e vilas galegas e mellorar a calidade de vida da veciñanza.

Te puede interesar