O ecosistema de Paderne opta a unha axuda de medio millón

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Emma González (Xerenta do INORDE), para a xestión de fondo europeos para proxectos turísticos a trasvés do INORDE.
photo_camera Reunión entre Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Emma González (Xerenta do INORDE), para a xestión de fondo europeos para proxectos turísticos a trasvés do INORDE.
Este proxecto, para a produción de alimentos sostibles, xa recibiu 250.000 euros da Deputación

O proxecto para a creación dun ecosistema de produción de alimentos sostibles anunciado en abril deste mesmo ano continúa avanzando. A Deputación e o Inorde, a través dos seus responsables, Manuel Baltar e Emma González; siguen traballando para que esta iniciativa, con base na estación de tren de Cantoña -Paderne- e nas fincas de cultivo de Sandiás -propiedade do Inorde- sexa unha realidade e contribúa a loitar contra o déficit poboacional no rural. 

O plan xa recibiu unha achega por parte do organismo provincial de 250.000 euros para rehabilitar a antiga estación de ferrocarril -que segundo explicaron dende a Deputación, convertirase nun centro colaborativo de transformación de produtos co foco posto nas comarcas de Allariz-Maceda, A Limia e Terra de Caldelas- e agora, por medio do Inorde, opta a unha achega específica de 450.000 euros da convocatoria estatal de subvencións para o financiamento de proxectos innovadores para a transformación territorial e a loita contra o despoboamento. 

O titular da Deputación explicou que este proxecto, baseado nun programa de emprendemento agrícola e na creación do espazo colaborativo de transformación de produtos, “busca desenvolver un ecosistema de intelixencia e innovación territorial mediante a creación de redes entre produtores, consumidores e outros oficios existentes ou por crear no territorio, que contribúa a xerar instrumentos eficaces na loita contra o despoboamento”. 

Por outro lado, Manuel Baltar asegurou que o obxectivo final pasa pola dinamización das mencionadas comarcas, “xerando oportunidades tanto a veciños interesados no emprendemento agrícola e que non teñen terreos, como a persoas que busquen unha segunda actividade para elevar o seu nivel de renda”.

Por último, Baltar adiantou que, en base aos resultados deste plan, este podería aplicarse -sempre atendendo ás especificidades do territorio en cuestión- a outras comarcas da provincia. 

TRES LIÑAS

O proxecto do ecosistema de Paderne de Allariz presenta tres liñas de actuación: iniciarase un programa de emprendemento agrícola para o que se destinarán leiras de cultivo das que é titular a Deputación. Favorecerase o acceso ás mesmas de persoas sen terras. 

Outra actuación clave será a creación do mencionado centro colaborativo de transformación de produtos do sector primario na antiga estación de tren de Paderne de Allariz e realizarase unha prospección para identificar as liñas de produción e transformación óptimas do centro colaborativo que respondan ás necesidades dos produtores, dotándoas do equipamento e tecnoloxía adecuada.

Te puede interesar