Presentouse en Paderne de Allariz o obradoiro “Manco Xove V”

Gabriel Alén destacou que a formación que se imparte nos concellos, que ten unha duración de 12 meses, está adaptada aos perfís máis demandados das empresas da contorna

O obradoiro de emprego  “Manco Xove V” formará a 16 alumnos e alumnas menores de 30 anos en competencias para a repoboación forestal e tratamentos silvícolas, por unha banda, e na atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, pola outra. O taller, no que a Consellería de Emprego e Igualdade investirá 370.000 euros, foi presentado este luns en Paderne de Allariz polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén e polo presidente da Mancomunidade de Ourense e alcalde de Paderne, José Manuel Fernández Gómez. Neste senso, os concellos beneficiarios serán Baños de Molgas, Esgos, Maceda, Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz, Parada de Sil, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadañedo.

Gabriel Alén destacou que a formación que se imparte nos concellos, que ten unha duración de 12 meses, está adaptada aos perfís máis demandados das empresas da contorna polo que algúns alumnos atopan emprego mesmo antes de finalizar a súa formación.

Te puede interesar