de amor e desobediencia civil

El. Ese que cando chega sempre consegue alterarnos. E aínda así, o mesmo que dun xeito ou doutro nos converte a todos en iguais. Nin para mellor nin para peor. Nunca se sabe.
Mentres iso ocorre, eles, os elixidos, deciden sobre que tipo de recorte facer hoxe e cal mañá, cando posiblemente ti, co acendido desexo de espantar a decepción, ao que te agarras con todas as túas forzas é a que el ou ela sigan aí. Incluso están sendo capaces de convencernos para que manteñamos as boas maneiras e nos portemos ben. Dar un golpe na mesa está mal visto. E dar un portazo cando te botan mesmo non é democrático. Mais tamén é respetable dende quen non pode entender, que un cachete certeiro é un acto de xustiza. Que un colector ardendo é un berro de responsabilidade. E que un banco derrotado é unha chamada á humildade. Dende a dor que provoca que ademais queiran arrebatarnos a razón e a dignidade, agora debería tocarnos a nós facernos escoitar. E sen preocuparnos nin o máis mínimo polas malditas maneiras. Guste ou non guste. Sexa politicamente correcto ou non.

Te puede interesar
Más en Cartas al director