O CARTEIRO SEMPRE CHAMA DÚAS VECES

Do que eu falo nada ten que ver co film dirixido por Bob Rafelson e interpretado maxistralmente por Jack Nicholson e Jessica Lange no 1981. A cousa de bautízalo cun título cinematográfico ven de que penso que nos atopamos perante dun guión de película cutre de gangsters. Iso é o que asemella unha circular interior, asinada por un tenente coronel xefe de operacións cursada a aqueles membros da Benemérita inmersos en investigacions que afecten a cargos públicos, tanto a persoas coma rexistros das sedes oficiáis. Segundo a debandita circular, teñen a obriga de informar cunha semana de antelación os feitos a investigar.
Non hai dúbida de que é un xeito raro de combatir a delincuencia. Loxicamente, a delincuencia de altos voos. Cunha semana de preaviso correse o risco de que xurda unha filtración, coma acontece nun xulgado cos segredos de sumario, e por qué non decilo, dun soplo, se de todo hai na viña do Señor. Axiña, o delincuente ou delincuentes teñen tempo de abondo pra facer anacos documentación comprometedora ou poñer a bo recado os cartos ou lingotes de ouro, obtidos dunha canle ilícita. Velaí, dúas chamadas, unha telefónica de soplo, outra unha chamada a porta do presunto delincuente pra unha investigación fallida.

Con iste procedemento, ¿houberase detido a certo diputado, recentemente, cando recollía un sobre con cartos, froito dunha chantaxe? Penso ca brillante actuación dos membros da Garda Civil neste caso debeuse a sixilosa e profesional investigación. O termo contrario ao sixilo é a publicidade.

¿Quén é o verdadeiro autor de tal disparate? Dende logo haberá que buscalo na fauna política, que destila, coma os outros poderes do Estado, corporativismo.

¡PAÍS! ¡PAÍS! SAÚDE E REPÚBLICA.

Te puede interesar
Más en Cartas al director