CATÁSTROFE CLIMÁTICA

O mundo encamíñase cara a unha catástrofe climática.
Outras urxencias, a inercia e poderosos intereses, continúan a bloquear as medidas necesarias para reducir as emisións de gases. En proporción á súa poboación, Galicia contribúe moito ao problema e pouco á súa solución. As emisións reducíronse un 6,7% entre 1990 e 2010, mais en 2011 volveron aumentar. As emisións por habitante superan as de moitos países desenvolvidos. Carecemos dun plan eficaz de loita e acollemos a maior fábrica emisora de España: a central térmica de carbón de Endesa, nas Pontes. En 2011, esta central emitiu máis CO2 que tódolos coches e camións que circularon polas nosas estradas. É unha das moitas consecuencias dun modelo de mobilidade devorador de petróleo. O cambio climático parte dunha ampla crise ecolóxica global e non acaba de entrar na axenda política. Sería bo que na próxima campaña, máis que palabras, se propuxeran accións, pensando non só nos próximos catro anos, senón nas próximas décadas, e non só en Galicia, senón en toda a humanidade.

Te puede interesar
Más en Cartas al director