CEIP O COUTO, NON HAI DEREITO

Comezamos o curso escolar no CEIP O Couto coa nova de que ao compañeiro e conserxe do edificio rúa Greco, co que tivemos o gusto de traballar os tres últimos anos, non lle renovan o contrato, atopándose neste momento no paro. Non hai dereito.
Os responsables de Educación do concello estaban ao tanto da idoneidade desta persoa para o posto, pola súa dedicación, entrega e eficacia. Resolvía cuestións de todo tipo relativas a alumnos, mestres, familias... incluso temas de responsabilidade da propia concellería. Pedimos que dende o concello se reflexione e se valore a experiencia e as aptitudes demostradas como criterios preferentes para a adxudicación destas prazas, incluíndo ao noso compañeiro nas bolsas de traballo.

Marcelino Araújo, non sabes como te botaremos de menos.

Te puede interesar
Más en Cartas al director