¡comenza o 2013!

¡Meigas fora! Para todos, un ano saudoso. Que sexamos xenerosos ou 'empáticos'. Con ser humáns coido que quedan incluídas tóda-las virtudes.
Hai que traballar, señores charlatáns políticos, 'con auga pasada non moe muíño'. A nosa España, que foi un dos países mellores, ¡á cola! E vaia teima que tiñan os desgobernantes por acadar votos, pagados con mentiras, arrapañados, ¿para qué? Matarse por ser os xefes, sabendo como estaba este país noso, ¿por qué? Que nos respondan con veracidade. Vaia rostro. Por favor, que non saian dicindo mentiras na tele, ¡é noxento! Peor para eles. Os mentireiros e chupóns non poden vivir tranquilos nin acabar ben.

Os paganos queremos vivir tranquilos o día a día. Axudar co que podamos os nosos irmáns máis desfavorecidos. Que todos teñan o necesario, casiña, pan, ¡traballo! e saúde. Que lle den a tantos enganados os cartiños que foran aforrando pouco a pouco e con tanto traballo.

Que eses 'lumbreras' que nos rixen, con sesera de mosca, pensen que na relixión e na cultura está a riqueza dunha nación. Non se metan tanto cos funcionarios, coas pensións dos máis humildes, coa educación, coa sanidade. Elévena, axúdena. Un pobo sen cultura nunca acadará altura. Precisamos xente que nos represente, honesta, que sepa desempeñar o seu cometido. Que sepan falar. En resumo, apta e non 'enchufadillos del tres al cuarto'.

Nós, os de a pé, xuntiños e loitando por o noso. Vivindo o día a día, con esperanza. Que aínda que o corazón chore, que na nosa faciana luza sempre un sorriso. 'Si no se vive para los demás, la vida carece de sentido'.

CO MEU AGARIMO.

Te puede interesar
Más en Cartas al director