é un decir

Abrir ollos e orellas.
Falar pouco pra que os outros falen sen condicionantes. Coido que o mellor xeito pra coñecer o noso paisanaxe do rural é subirse a un autobús da liña ou un tren rexional. E digo coñecer, xa que pra facer un estudo antropolóxico ou etnográfico iso é tarefa pra eruditos. Coma o que fixera Lisón Tolosana, cargado coa súa grabadora, máis duradeira cas pilas de Duracel. Non erro moito se afirmo que as súas exposicións das mandas ou do amilloramento, contidas na súa obra 'Antropología cultural de Galicia', non é quen de superalas o catedrático e xurista Rebolledo Varela. Coido que o seu interese por ista terra xurdiría das leturas das obras dos grandes viaxeiros británicos pola nosa peninsula aló no século XIX. Poida que lera o orixinal das andanzas de George Borrow dende Cebreiro ata Fisterra, durante o seu maxisterio en Oxford. Se ben, a tradución que fixera Manuel Azaña do libro 'La Biblia en España', foi antolóxica.

Fai unhos días percorrín nun autobús unha parte da Galicia interior. Nunha pequena vila subiron unha dúcea de maiores, que viaxaban ata a capital provincial pra unha xira. Do xolgorio inicial, pasouse a a conversa coletiva. E que mellor que falar dos ausentes. Un levaba a voz cantante: 'Fulano é un desgraciado, un viva la virgen, acabóu cos cartos da herdanza, moita xugueta e moito puticlub. E seica xa ten a casa embargada...' 'Bueno, eu non critico a ningúen... Isto é un decir...'.

Velaí que non fala un suxeto determinado, se non un infinitivo. Ninguén critica, e moito menos inxuria ou calumnia. O reo confeso é un verbo orfo de conxugación. A escada do galego, tópico ou verdade? Pecado leve da gramática parda? Eu nin subo nin baixo. A mín isto de andar entre fusco e lusco, da tese a antitese ponme cara de papaberzas.

Te puede interesar
Más en Cartas al director