DEREITO A RETO

Xa que chegamos ata aquí e andamos unha vez tras outra nela, creo que estamos no momento preciso de encamiñar a mirada a tempos pretéritos.
Aqueles nos que a honra de cada quen aínda tiña razón de ser e se era necesario, podía turrarse dela ata límites hoxe insospeitables. Agora, nada diso importa. A mentira. O insulto. A desvergonza. A indecencia. O descaro. A insolencia. O engano. A manipulación. O fraude. Así. O pan noso de cada día. Así. Dende os altos cumios deste país. Todos eles e cada un dende o seu lado se cre posuidor da verdade máis verdadeira. Da única. Non hai outra. Nin posibilidade de inventala. Tan sequera. Así o esperpento noso de cada día. Por iso, e ante a incapacidade de que o sol asome por detrás das inamovíbeis nubes, nada mellor que reivindicar o noso dereito a baternos a duelo, como en tempos de maior respecto se facía, nos que o insulto ficaba despois dignamente lavado e sentenciado. O duelo de pistolas estaría ben. Aínda que eu decantaríame máis polo enfrontamento con espadas. Estas teñen un algo de encanto, de elegancia, incluso de distinción. E que dicir de épica.

Te puede interesar
Más en Cartas al director