dona beatriz santos, esperámoste

Bea, queremos lembrarche que estamos a túa veira continuamente, co noso pensamento e sentimento. Sentimento de dor, de ausencia e, ao mesmo tempo de ledicia porque segues estando aí, anque a 100 km da túa bisbarra que te bota de menos (quédome curta con esta expresión), porque eres a que trasmites a nosa cultura, as nosas inquedanzas, coa túa solidariedade enches as vidas dos máis esquecidos, abandonados, dos que están sos e tristes.
Agora, Bea, todas as túas amistades, non só de Viana do Bolo, tamén aquelas persoas que te conocemos non por achegamento xeográfico, senón porque as nosas vidas se cruzaron en determinados momentos, desexamos estar ao teu lado nestes momentos difíciles co amor e coa compaña que te mereces.

UNHA APERTA.



P.D: 'Para preservar un amigo tres cosas son necesarias: honrarlo cuando esté presente, valorarlo cuando esté ausente, y asistirlo cuando lo necesite' (proverbio italiano).

Te puede interesar
Más en Cartas al director