HAI SEMÁFOROS QUE ENTORPECEN O TRÁFICO

Téndese a que o tráfico se autorregule e a que sexa o máis fluido posible (de aí, por exemplo,  a profusión de rotondas nos últimos tempos).
Por iso non entendo a colocación dun semáforo na rúa Doctor Fleming de Ourense. Resido nela dende fai tempo e poido asegurar que a circulación do tráfico nesta rúa era, salvo excepcións, fluida e modélica. En xeral, os coches pasaban a velocidade moi reducida, respetaban o paso de peóns que hai na confluencia coa rúa Ervedelo, e incorporábanse a ela despois de facer o stop. Non había colas de máis de tres ou catro coches case nunca. Eu cruzo por ese paso con moita frecuencia e poido asegurar que o respeto dos conductores polos peóns era exemplar.

O semáforo que acaban de estrear entorpece o tráfico por diversas razóns. En primeiro lugar, agora  fórmanse con moita frecuencia colas de dez ou doce coches que antes non se formaban. Sucede a miúdo que mentras por Ervedelo non baixa nengún vehículo, en Doctor Fléming hai unha cola esperando no semáforo, e viceversa.

En segundo lugar, os coches que saen  dos garaxes que hai cerca do semáforo teñen agora moitos problemas pra saír. Dependen da cortesía dalgún dos conductores que están esperando na cola pra que lles permitan incorporarse á circulación, o que ralentiza aínda máis o tráfico.

Por último, os camións que usan a zona de carga e descarga que hai nas inmediacións do semáforo teñen, debido ás colas, problemas pra aparcar e, de paso,  alargan a cola que teñen detrás.  Ás veces, o tempo de apertura do semáforo non permite que pasen tódolos coches e hai que esperar unha segunda apertura.

Estase creando un problema onde antes non o había.

Te puede interesar
Más en Cartas al director