OS HORARIOS DOS MESTRES

n n nSobre o asunto dos horarios, novas responsabilidades, etcétera, dos mestres de ensino primario e outros, quero comentar algo que 'esquecen' os responsables nas altas esferas deste ministerio ou consellería e que tratan de ocultar baixo a manta de 'mellorar a calidade educativa'e a tan manida crise. Por abreviar cito as seguintes:
1) Non se pode falar de calidade cando se forza por medio dunha lei inxusta e irracional a ter nun aula de primeiro de primaria a 25 alumnos. As leis fanse a medida de quen as fai e baixo manto de legal pode ser inmensamente inxusta, separada da realidade e contravindo a suposta búsqueda da calidade educativa.

2) Non se pode falar de calidade educativa cando se suprimen postos de mestres, metendo un bocado enorme ó personal profesional e apto demostrado por oposición e experiencia.

3) Non se pode falar de calidade cando os nosos soldos e condicións laborais, formativas, son cada día máis precarias suprimindo cursos de formación, facilidade de innovación e asistencia a centros para actualización.

4) Non se pode falar de calidade dun dereito público ganado con esforzo e loita cando se quita do público para engordar o privado ou chámelle concertado. A educación non é un negocio, é un dereito.

5) Como calquera profesional doutra materia, os mestres están para ensinar, formar, educar e transmitir uns valores democráticos e de xustiza, tan mermados e pisados dende sempre e particularmente dende uns cantos anos; non somos gardiáns, nin todouso, igualmente que un xuíz non está na porta para dá-los saúdos da mañá. Para iso hai personal nos concellos, que sobran, e que tantas veces perden o tempo mirando cos brazos cruzados.

6) Un mestre é un funcionario do Estado, nunca dun partido nin goberno. Non suplicamos... máis ben esiximos o que nos corresponde por dereito, traballo, experiencia e lei.

E finalmente, os pais ten moito papel nisto: non vaian reclamar ós mestres, que á fin son traballadores en contacto coa realidade social do medio, reclamen os órganos das instancias superiores que semellan vivir nun mundo afastado da realidade que pisamos os demais día a día (sendo ben pensados).

Te puede interesar
Más en Cartas al director