josé luis baltar pumar

Tamén eu me quixera unir á homenaxe que se lle adicou. Recoñezo que eres cercano, traballador e dialogante. En algúns puntos non somos coincidentes, pero para ser amigos tampouco temos que pensar igual. A amizade é outra cousa, moi por riba de diferencias en certos temas. Que Deus vos dé moita saudiña e disfrutedes o día a día.
Sabes que eu nunca che pedín nada para min. Pedinche para a vila de Viana do Bolo. Ti, que tes moi boa memoria, o recordarás. ¡Segurísimo! Houbera sido unha magnífica adquisición e ¡económica! para o Concello e para múltiples usos a casa señorial no centro do pobo. Pero xa foi. Sentímoscho, pero foi un xa foi.

Segunda petición: unha axudiña pra revista, ¡a única!, 'A nosa bisbarra'. Contestación: 'Eso está feito'. Pasaron os anos e senteime a esperar. Imos saíndo como podemos, pero ¡saímos!

Son dúas espiniñas que me quedaron cravadas, pero nin son de rencores, nin ¡nunca! de malos desexos.

Moita sorte e, repito, noraboa. Co mellor dos sorrisos... Si un sorriso é a mellor cédula de presentación para camiñar pola vida... para ti, o máis amplo de todos.

Te puede interesar
Más en Cartas al director