José Rodríguez bouzo, 'foplás'

A fotografía da vida sen ruído, sen querer molestar decidiches iniciar a túa derradeira viaxe, unha viaxe que todos/as imos ter que facer.
Comentáchesme máis dunha vez que aprenderas o oficio xunto con don Leopoldo Iglesias López (iniciador da saga Villar Foto) e foi ese oficio que che axudou a ganar uns cartiños na túa estadía en terras venezolanas. Ao teu regreso, xunto aos teur irmáns, iniciaches negocios inmobiliarios. Loxicamente, a arte de obter imaxes grazas á luz seguiu estando presente na túa vida, cun establecemento que ao mellor alguén non coñece. Ao mellor a alguén tampouco lle soa a túa cara, pero o que si é seguro que todo o mundo sabía o teu slogan, o que che fixo súperpopular: '¿A donda vás? A Foplás, frente a Correos'. Coido que chegados a estas liñas xa o/a lector/a sabe que me estou a referir a Pepe Foplás, quen para o seu DNI foi José Rodríguez Bouzo. O Foplás, hai que recoñecelo, tiña un pronto moi rápido pero tamén un bo corazón que aguantou mil e unha na súa vida, ademais da morte do pais, de dos irmáns, parente, amigos, un corazón que cando hai uns poucos meses tivo que padecer xunto coa súa dona Lula o pasamento da filla Yoli sufriu un serio revés. ¡E eu que fago agora!, comentoume repetidas veces dende entón. Aínda que seguiu coa súa vida habitual -partida na cafetería, Alameda, un par de viños polas tardes, paseos pola Alameda, curtas estadías coa familia na A Toxa- Pepe non foi quen de asumir a marabillosa letra de Eric Clapton 'Tears in heaven' (Bagoas do ceo), cantiga escrita logo da morte do seu fillo: 'debo ser forte e seguir adiante/ porque sei que o meu lugar non está eiquí no ceo'. Pepe Foplás marchou, marhou tranquilo como crente a xuntarse cos seus, a facer a fotografía da súa vida. Unha aperta para Lula, Aurora, Ovidio, Chicho e Anuncia, e para os/as demáis.

Te puede interesar
Más en Cartas al director