NON APAGUES O CANDIL MARICA CHUS CHUS

Non apagues, xa que vainos cortar o suministro Gas Natural-Fenosa. Non imos asumir unha suba do 11,5% cando pro ano que ven a miña pensión vaise revalorizar un 1%. Coma diría un técnico da economía, imos ter un déficit dun 10%, máis ou menos, respecto do precio que pagaremos polo consumo da electricidad e os ingresos que imos ter. Segundo dí o Goberno, a suba ten a súa orixe noutro déficit, o déficit da tarifa, que seica soportan as compañías eléctricas. E decir, a diferenza en euros entre o precio que nos pagamos e o custe estimado que teñen as eléctricas pra xerar a debandita enerxía consumida.
E todo por ter contratado, coma maioria dos españoles, a Tarifa de último recurso (TUR), fixada poloGoberno español dende a lexislatura do ano 1997. A modalidade implantóuse coa Lei 54/1997 do 27 de Novembro, gobernando, se a memoria non me falla o señor Aznar. Simplificando, o Goberno obriga as eléctricas a vender a electricidade por debaixo do seu custe de producción. E digo eu, se estas empresas teñen déficit, coma é posible que incrementen, ano tras ano, os seus beneficios? Sen ir máis lonxe, o 6,78% de incremento no 2012, e pra iste ano calculase o incremento nun 6,23%. En Europa, onde non existe a TUR, os beneficios das eléctrcias representan o 50% dos obtidos polas españolas.

O asunto non me cadra. Coma non me cadra cando un comercial che ofrece cambiar a TUR pola tarifa libre, porque seica é máis barata. E algo non me cheira ben, cando vexo en postos dos Consello de Administración de isas empresas con déficit de tarifa, a políticos, que aprobaron, consentiron, e non aboliron, tal desfase tarifario. Algúns exemplos: Felipe González en Gas Natural; José María Aznar, Narcís Serra, Luis de Guindos, Elena Salgado, Pedro Solbes, en Endesa; Angel Acebes, Ignacio López del Hierro, en Iberdrola. Y etcétera.

Se eu propuxera que sendo coma é, a electricidade un ben de consumo indispensable, surxido dos nosos propios recursos naturales, co sector fose nacionalizado, chamaríaseme demagogo dunha república bananera. Cantas veces na historia diste país temos sociliazado perdas! Ter déficit é ter perdas, alomenos así o entendo.

Te puede interesar
Más en Cartas al director