Pavillón dos Remedios, ¡qué calor!, ¡qué malgasto!

Luns 24 de novembro do 2008, 7,15 horas. Temperatura exterior 6º. Vestiario masculino piscina de 50 metros, temperatura 34º, humidade 80%. Recinto da piscina, temperatura 25º.

Con estes cambios, pódeste marear, coller unha gripe, etcétera. É dicir calquera cousa menos sentirte ben. A xente sae pitando, súase espido. Imaxínese os días en que no exterior teñamos -3º (verémonos obrigados a soportar unha diferencia de temperatura de 37º).

Todo isto, segundo os traballadores do Pavillón, porque Sanidade di que entre a temperatura da auga da piscina e o ambiente ten que haber unha diferenza de 6 graos.

Señora Sanidade: Na nosa casa duchámonos con auga a 38º. Non temos a calefacción a 44º. Non sei se hai algunha norma que esixa o que vostedes din, o que si hai e un Real Decreto ‘Regulamento de Instalacións Térmicas en Edificios’, que di que as temperaturas dos locais calefactados estarán entre 20º e 23º. En todo caso o que se debería usar é o sentido común. Proben a ir un día a nadar a piscina ás sete da mañá, e posible que deixen ao carón o folleto de recomendacións que usan.

Evidentemente esta instalación non está zonificada, nin regulada en función da temperatura exterior. Subxerencia económica: das seis rejillas do vestiario masculino proben a tapar duas.

Te puede interesar
Más en Cartas al director