rafael dieste

Naceu en Rianxo en 1899 e faleceu en Compostela en 1981. Traballou no xornal 'Galicia' e en 'El Pueblo Gallego', onde publicou varios sonados relatos como 'Sobre a morte do Bieito' e 'A luz en silencio', incluídos no libro 'Dos Arquivos do trasno', de 1926. Opinaba que un relato de intriga non debía resolver o misterio nin tan sequera ao final do conto. Tamén neste ano publicou 'O drama do cabalo de axedrez', texto dramático.
Participou nas 'Misións Pedagóxicas', relacionouse con Castelao e foi amigo do poeta Manuel Antonio. Durante a Guerra Civil exerceu como comisario do Exército do Leste, exiliándose ao rematar o conflito en Francia e estabrecéndose, posteriormente, en Buenos Aires.

Publicou tamén 'A fiestra valdeira', comedia de ambiente mariñeiro; ensaios e algo de poesía. En 1967 foi elexido membro da Real Academia Galega e en 1995 adicouselle o Día das Letras Galegas.

Te puede interesar
Más en Cartas al director