Recortes e dignidade

Queda alguen que aínda pense que tanto o Governo central como o autonómico está a facer algo que non tiña pensado xa fai moitos anos? Pode ainda alguen pensar que lles importa a sanidade pública, a educación pública, a cultura, a igualdade, o benestar social? Si lles importa, pero sempre que o termo publico mude por privado.
Pode pensar alguén que lles importan os dereitos dos traballadores? Non, o que si lles importa e ter carta branca co despido, a banca, os grandes empresarios (porque a os pequenos os funden). Pero si, somos os traballadores os que temos que frear esta tolemia. Din eles que nos os traballadores estamos a salvar o país ca nosa comprensión e o noso esforzo!

Pois non, eu así non quero seguir salvando o país, quero deixar de ser Diana por ser funcionaria, quero deixar de ser Diana por intentar conservar os menús dereitos, non quero seguir sendo Diana por alzar a voz e berrar ven alto polo recoñecemento e a dignidade dos compañeiros que quedaron no camiño loitando por conseguir os dereitos que hasta fai pouco tiñamos.

Porque teño que seguir alimentando un exército inútil? Porque teño que seguir alimentando una igrexia hipócrita? Porque teño que seguir alimentando cos meus impostor un Senado e un has diputacions inútiles? Porque teño que apurar subidas de IRPF, baixadas de soldo, e as grandes fortunas e as grandes empresas seguen a ter prevendas fiscais? Porque teño que aturar unha amnisía fiscal a os que levan toda a vida defraudando e a min me gravan por todos os lados? Non se dan conta que o meu poder adquisitivo esta a ras don chan? Non se dan conta de que si eu e moitos como eu temos que deixar de consumir Isto e a debacle total?

Quero facer un chámamento a toda a cidadania : Loitade! Berrade! Non vos acobardedes! Reclamade os vosos dereitos! Pensade que o que perdamos hoxe sera a ruina das xeracións vindeiras! Saiamos á rúa. Nos teñen que ver e nos teñen que oír.

Te puede interesar
Más en Cartas al director