SOBRE RELIXIÓNS E POLÍTICAS

Descoñezo onde se atopa a parte bondadosa da relixión. De calquera. Aínda non fun quen nin capaz de chegar ata ese lugar. E tampouco sei se ese lugar se atopa en algún lugar. Descoñezo tamén se iso é consecuencia dalgunha tara miña, ou quizais, dalgunha ausencia de valores do pasado.
Non o sei. Sexa o que sexa, e dende o máis absoluto dos respectos, síntome un afortunado ante a posibilidade de poder mirar dende a distancia tanto manexo humano parapetado detrás de todas esas crenzas que remataron por definir como relixión.

Sen outear ao lonxe e ficando aquí, ao lado, o acontecido os últimos días en Londres e París, conseguen arrepiar a calquera. Iso foi en nome dun deus. Mais, en nome do deus que habita por estes lares, tamén habería moito que debullar. E mesmo neste país, sen chegar a esas atrocidades, é preocupante o adoutrinamento educativo exercido por parte dalgúns políticos dende debaixo de longas e escuras sotanas ou dende algunha televisión sostida co diñeiro arrincado do meu peto.

Miro para atrás e todo o referente á relixión semella como envolto por unha nube difícil de descorrer. E miro para o que me agarda, e o camiño que se aveciña non convida tampouco a enxergar un algo de esperanza.

Te puede interesar
Más en Cartas al director