Sempre en Galicia

A ti, que estabas de caza mentres se 'asfaltaba' a nosa costa; aos que falaban de 'hilillos de plastilina' mentres a centos de persoas nas praias lles chegaba o fuel polos xeonllos; aos incompetentes que levaron de paseo por toda a costa a aquela 'mangueira' de fuel chamada 'Prestige'; aos que primeiro criminalizaron ao capitán, e agora proclaman que o barco se suicidou; aos que presos da súa ignorancia se sinten ofendidos polo 'lío que se está montando por catro berberechos'; aos que nos intentaron facer crer que a coincidencia entre a data da sentenza e a da catástrofe, era boa sinal; aos que permanecéstedes tirados no sofá
A ti, que estabas de caza mentres se 'asfaltaba' a nosa costa; aos que falaban de 'hilillos de plastilina' mentres a centos de persoas nas praias lles chegaba o fuel polos xeonllos; aos incompetentes que levaron de paseo por toda a costa a aquela 'mangueira' de fuel chamada 'Prestige'; aos que primeiro criminalizaron ao capitán, e agora proclaman que o barco se suicidou; aos que presos da súa ignorancia se sinten ofendidos polo 'lío que se está montando por catro berberechos'; aos que nos intentaron facer crer que a coincidencia entre a data da sentenza e a da catástrofe, era boa sinal; aos que permanecéstedes tirados no sofá mentres outros se volcaban en axudar; aos que coas súas decisións están berrándolle as grandes navieiras 'vide para aquí, que aquí o que contamina, non paga'; aos Urdaci e compañía, que empregaron o Nodo para desinformar; aos que seguides impedindo o desenrolo e implantación das enerxías renovables; aos que repartístedes cartos a esgalla intentando mercadear coa nosa dignidade; aos que sodes cómplices de que teñamos unha lexislación ambiental terceiromundista; a ti armador grego, que artellas grandes estratexias para burlar a seguridade. A todos vós…Nunca máis!

A aqueles autobuses que percorreron miles de kilómetros para chegar a Galicia cheos de forza e solidariedade; aos que vos manifestástedes para esixir responsabilidades; aos galegos e galegas que dende a distancia, cando víades as imaxes da catátrofe vos entraban gañas de escachar o televisor; a ti, que mentres limpiabas nas rochas se che nubrou a vista polas bágoas; ao movemento ecoloxista, que organizou, asesorou, e nunca botou en cara que moitos dos que alí estaban acababan de 'aterrizar' na defensa do medio ambiente; ao valente mundo da cultura, que puxo voz e cara ao movemento social; a vós vellos lobos de mar, de rictus sereo e retranqueiro, que nos primeiros momentos convertéstedes as vosas pequenas embarcacións en David para loitar contra Goliat; aos que dábades de comer, aloxábades e quitábades con cariño e esmero o fuel da cara dos voluntarios; ás mulleres da Costa da Morte, que abraiaron aos que viñan de fóra coa súa fortaleza e carácter…. Todos vós permaneceredes Sempre en Galicia.

Te puede interesar
Más en Cartas al director