A 29a Mostra de Teatro impulsa ós novos autores

A organización da Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia convoca a octava edición do Premio Abrente para textos teatrais. Segundo apunta o director da mostra, Roberto Pascual, 'coincidindo co 40 aniversario da primeira mostra de teatro da asociación Abrente e no ano de Roberto Vidal Bolaño, ilustre dramaturgo da Xeración Abrente, a MIT quere seguir descubrindo e recoñecendo o talento dos novos autores teatrais', engadindo que se convoca esta nova edición 'cunha renovada imaxe e un decidido impulso á dramaturxia galega contemporánea'.
O premio este ano consistirá en 3.000 euros en metálico, unha estatuiña do artista Manuel Rodríguez Alonso e a edición da obra, ademáis da súa posterior escenificación.

Podrán optar a este certame autores de creación dramática de calquera nacionalidade, pero é condición imprescindible que o traballo esté escrito en galego.

A organización da Mostra Internacional de Teatro, a cargo do Concello de Ribadavia e contando coa dirección de Roberto Pascual, fixa o prazo de entrega das obras no día 1 do próximo mes de xullo.

O premio forma parte da programación da MIT, que celebrará a súa 29ª edición do 19 ao 27 de xullo. As principais liñas dos espectáculos que se poderán ver son o humor, a frescura crítica e irónica en torno aos conflitos laborais, económicos e sociais e coa mirada escénica en torno á obra de Vidal Bolaño.

Te puede interesar