Antonio Mouriño: 'Traballarei sin descanso para lograr un novo instituto e un parador para a vila'

Antonio Mouriño seguirá, ao menos durante os vindeiros catro anos, ao frente do Concello de Celanova. Co respaldo de 1.978 veciños, o rexidor 'popular' mantén a súa maioría absoluta frente aos 1.926 votos que sumaron nacionalistas e socialistas.
COMO VALORA A RESPOSTA CIDADÁ?

Moi positivamente. Non é fácil, despois de 20 anos, seguir acadando maiorías absolutas que cada vez son máis difíciles. Tamen teño que agradecer a tódolos votantes, posto que teño moi claro que, de non sacar maioría absoluta, hoxe non seguiría gobernando. A consecución destes resultados enchen de responsabilidade para seguir dirixindo o destino de Celanova, ao menos nos vindeiros catro anos.


ESPERÁBASE ESTE RESULTADO TAN AXUSTADO?

A verdade é que esa circunstancia a min deixoume mal sabor de boca. Realmente eu esperaba que o PSdeG baixara ainda máis e que o BNG iba a manter os votos, algo contrario ao que ocurriu noutros lugares, onde o Bloque baixou moitos votos. O que demostra este resultado é que en Celanova, os tres partidos contan cun electorado fiel.


Ademais, o índice de participación superou ou 78,57%

Eu creo que esa participación débese a movilización dos votantes e as gañas que os outros partidos teñen de verme fóra do concello. Si nós mobilizamos a todo o noso electorado, os demais partidos ata a fecha están facendo o mesmo.


Como se perfila a súa relación ca oposición?

A miña disposición sempre está aberta á colaboración e ás iniciativas que poidan presentar, sempre que sexan interesantes para o pobo. Eu agradecería que nos proxectos de futuro poideramos chegar a acordos pero, dende logo, eu como alcalde non vou renunciar a ningún proxecto do meu programa. E así o fixen o longo destes 20 anos, con acertos e desacertos.


A incorporación de caras novas, implicará cambios no organigrama municipal?

Esa é unha decisión que tomaremos despois da toma de posesión, posto que a día de hoxe os novos concelleiros non están incorporados. É normal facer restruturacións en cada lexislatura e adaptar a cada concelleiro naquel posto no que poda rendir máis.


Cal será a primeira decisión que tomará a partir do día 11?

Traballarei sin descanso para lograr a construcción dun novo instituto e a consecución dun parador para Celanova. Paralelamente, trataremos de desenvolver os outros proxectos do programa e algun novo que poida surdir.

Te puede interesar