A biblioteca do Concello de A Bola, premio María Moliner

A biblioteca pública municipal de A Bola resultou premiada na 'XIII Campaña de animación á lectura Maria Moliner do ano 2010' que organiza o Ministerio de Cultura. O galardón concedeuse pola actividade 'Saumede, o pobo pantasma', consistente en diversos talleres de animación á lectura desenvolvidos durante o verán tanto na biblioteca como no entorno rural único da aldea deshabitada de Saumede.
Este é o cuarto premio 'María Moliner' consecutivo que recibe a biblioteca bolesa e dotará as instalacións con 200 títulos infantís e xuvenís contribuindo a actualización do fondo que ascende xa a uns 4.000 volumes, así como incentivará as accións de animación á lectura, entre outros.

A biblioteca creouse no 1997 e dende entón está a desempeñar un papel fundamental no eido cultural e educativo, na procura de crear hábito de lectura aos veciños, e principalmente conseguir nenos lectores.

Te puede interesar